Carlos Baute, Tanxugueiras, ComboDominicano e París de Noia encabezano cartel das festas de San Paio

 A programación desenvolverase do 23 ao 27 de xuño e incluirá unha
ampla variedade de propostas de diversa índole dirixidas a todas as
idades.
 Ademais dos concertos de artistas internacionais como Carlos Baute e
Tanxugueiras e das mellores orquestras do eido autonómico a
programación inclúe tamén numerosas actuacións de agrupacións
locais.

 Instalarase unha pantalla na praza do Concello para que os
negocios locais que o desexen poidan promocionarse previo
pagamento dunha cota destinada a sufragar os festexos.

As Festas de San Paio da Estrada contarán con
artistas internacionais da talla de Carlos Baute e Tanxugueiras como cabezas
de cartel, ademais das actuacións das orquestras París de Noia e Combo
Dominicano, dúas das grandes referentes da verbena galega.
O Concello deu a coñecer esta mañá a programación completa das festas
patronais nun acto no que participaron o alcalde, José López, e o edil Gonzalo
Louzao, quen foi o encargado de avanzar as diferentes actividades que
integran os festexos, así como o deseño do cartel, deseñado polo estudo
estradense ‘Monsterstudio’, e integrado por diferentes elementos municipais
como a fachada do consistorio ou o palco.

Venres, 23 de xuño
Deste xeito, a programación dará comezo o día 23 de xuño, véspera de San
Xoán, co Xfest2023 desde as 16.00 horas. Ás 21.00 horas terá lugar o
acendido da iluminación e a sardiñada de San Xoán e unha hora máis tarde, ás
22.00 horas, Roi Casal dará un concerto no aparcadoiro da avenida de
América, mesmo emprazamento no que se celebrará un lumeiro ás 00.00
horas, antes de que La Quinkillada despida a xornada coa súa música na zona
dos viños desde as 00:30 horas.

Sábado, 24 de xuño

O sábado contará durante a mañá con diversos pasarrúas, bombas de
palenque e sesión vermú na zona dos viños. Na mesma xornada, a Alameda
acollerá os campionatos de 3×3 de baloncesto en categoría base, ás 10.00
horas, e absoluta, ás 16.00 horas. Pola súa parte, o Teatro Principal será o
escenario do festival de fin de curso de Musikenos desde as 18.00 horas e a
praza de Galicia albergará ás 20.00 horas a Gala XXV anos banda de gaitas de
Barbude co Grupo Folklórico Trebeyu, Rancho Folclórico de Silvares e Banda
de Gaitas de Barbude.
O espectáculo Infantil ConFusión de Píscore e a actuación da Banda de Música
Municipal da Estrada, ás 21:00 horas na praza do Mercado, serán a antesala
da lectura do pregón a cargo de Olaia Maneiro, ás 22:00 horas, que será
seguido polo concerto das Tanxugueiras previsto para as 22.30 horas na praza
do Concello. A actuación da orquestra Galilea na Porta do Sol, a partir das
00.00 horas, e o Rancho Folclórico de Silvares – Portugal, á mesma hora na
zona dos Viños porán o punto e final ao segundo día de festexos.

Domingo, 25 de xuño
A xornada dominical volverá contar en horario matinal con bombas de
palenque, pasarrúas e un concerto da Banda de Música Cultural da Estrada na
Alameda Municipal ás 13.00 horas.
A tarde incluirá diversas propostas para os máis cativos como a actividade ‘A
xogar na Rúa’, na zona dos viños ás 17.00 horas, e o día do neno con
actividades acuáticas e festa da espuma no mesmo horario na praza do
Mercado. Ás 18.00 horas terán lugar as finais dos torneos de tenis nas pistas
municipais, un pasarrúas a cargo da Charanga BB+ e a exhibición da Escola
de Baile Sondodance no Teatro Principal.
A verbena nocturna estará protagonizada pola actuación da orquestra Os
Satélites, ás 21.00 e ás 00:30 horas na Porta do Sol; a Gala Tequexetéldere
xunto coa orquestra filharmónica cidade de Pontevedra, ás 22.00 horas na
Praza de Galicia; o concerto de Carlos Baute, ás 23.00 horas na praza do
Concello; e o Start of Summer Festival con Michenlo, Groove Amigos, Carlos
López e Totti x Elop e Saso na Praza do Concello, ás 01:00 horas.

Luns, 26 de xuño
As bombas de palenque abrirán desde as 11:00 horas o día da celebración de
San Paio. Á mesma hora dará comezo a Festa da Bicicleta na praza do
Mercado e un programa de Radio Estrada coa presentación do libro Historia do
Teatro Principal, na rúa Calvo Sotelo.

 

Polo mediodía celebraranse os concertos da Banda de Música Municipal de
Santiago no Teatro Principal, ás 13.00 horas, e de The Narts na zona dos Viños
ás 14.00 horas.
Ás 20.00 horas terá lugar a tradicional misa na honra de San Paio cantada pola
Coral Polifónica San Salvador de Camanzo con procesión a cargo da
Agrupación Musical de Cornetas, Tambores e Gaitas ACOTAGA de Ferrol.
Pola noite, a verbena correrá a cargo de Big Band obradoiro de música
moderna Carlos Barruso, ás 22.00 na praza do Concello, o concerto de
Monolous Dop, no mesmo emprazamento ás 23.00 horas e o concerto do
Combo Dominicano desde as 23.00 horas na Praza de Galicia.

Martes 27 de xuño
O derradeiro día de festexos comezará coa celebración do torneo 3×3 de fútbol
en categoría base ás 10:00 horas na Alameda. A continuación, ás 11:00 horas
tiraranse as bombas de palenque e ás 11:30 haberá un pasarrúas da man da
Banda de Música Municipal da Estrada, que tamén ofrecerá un concerto ás
13.00 horas na Alameda Municipal, seguido pola actuación de Algo Pasa con
Mery na zona dos Viños ás 13:30 horas.
Pola tarde desputarase o torneo de fútbol 3×3 en categoría adulta ás 16:00 na
Alameda, un espectáculo de Batucada a cargo da Escola Latexo Percusión ás
19:00 na rúa Calvo Sotelo e Misa Cantada pola Coral Polifónica Estradense e
procesión do Santísimo a cargo das Bandas de Música Municipal da Estrada e
Militar da Brilat, que ofrecerán un desfile e concerto na Praza do Concello.
Pola noite a actuación da orquestra París de Noia na praza do Concello
despedirá as festas patronais desde as 22.30 horas, mentres que ás 00.30
horas realizarase a tirada dos fogos de fin de festa na Cañoteira.

Instalación dunha pantalla promocional
Unha das principais novidades desta edición consistirá na instalación dunha
pantalla dixital na praza do Concello para que os establecementos locais
poidan promocionarse previo pagamento dunha taxa que variará en función da
duración de cada anuncio. A medida, anunciada polo concelleiro Gonzalo
Louzao busca “modernizar o concepto tradicional de revista de festas,
ofrecendo unha alternativa máis sostible coa que darlle unha maior visibilidade
ao tecido comercial estradense ao mesmo tempo que se acadan fondos para
os festexos de San Paio”.
Ademais, habilitarase un un número de conta para que as persoas que
desexen colaborar cos festexos poidan facelo.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.