O retablo maior da igrexa de SantoTomé de Ancorados será restaurado por 50.000 euros

 O Concello e a Consellería de Cultura formalizarán un convenio para a
restauración da talla barroca por un importe de 50.949,47 euros.
 Os traballos consistirán na limpeza dos elementos do retablo e na
reposición cromática.

O Concello da Estrada e a consellería de
Cultura e Educación formalizarán un convenio de colaboración para a
restauración do retablo maior da igrexa de Santo Tomé de Ancorados, por un
importe de 50.949,47 euros.
A actuación realizarase coa finalidade de interferir o mínimo posible nos
diferentes elementos da igrexa e incluirá en primeira instancia co apeado das
oezas e a posterior desmontaxe do retablo. Unha vez efectuado este último
paso, procederase á limpeza e saneamento das pezas con tratamentos non
agresivos coas mesmas.
Unha vez completados estes procedementos reporanse os apoios,
recuperaranse os volumes e reintegrarase tanto fendas como fisuras antes de
proceder á montaxe e á reposición das ancoraxes da talla.
Logo destes traballos actuarase sobre as policromías, limpándoas e
reintegrándoas antes de vernizar a totalidade do conxunto. Dita actuación
tamén se executará nas imaxes de San Xosé, San Tomé e San Roque.
A talla trátase dun retablo de estilo barroco realizado ao redor de 1750 por Luís
Parcero. É unha peza de gran calidade estética, e destacado valor patrimonial,
chea de motivos decorativos vexetais realizados en dourado tradicional que
seguen a máxima barroca de non deixar espazos baleiros sen decoración.
O alcalde, José López, agradeceu “a cooperación da Xunta para recuperar
unha das xoias patrimoniais do municipio, unha peza única que supón un activo
de gran valor no catálogo do barroco galego”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.