A Estrada despide hoxe a XLIX Festa doSalmón cunha nova xornada chea de actividades

 Valentín García Gómez foi o encargado da lectura do pregón e
impuxéronse os Salmóns de Ouro a Juan Andrés Fernández Castro e á
Asociación Maceira e Sidra da Estrada.
 Na xornada dominical servíronse ao redor de 3.000 pinchos de salmón.

O Concello da Estrada pon hoxe punto e final
á vixente edición da Festa do Salmón cunha xornada repleta de propostas.
A nivel máis cultural, durante a mañá o público asistente puido gozar da mostra
de artesanía e da exposición "TECEDEIRAS: arte e talento na sombra".
Un dos momentos centrais da xornada foi o pregón a cargo de Valentín García
Gómez, así como a imposición dos Salmóns de Ouro a Juan Andrés Fernández
Castro e á Asociación Maceira e Sidra da Estrada.
Durante lectura do pregón, García Gómez fixo fincapé na importancia do
salmón non só como elemento gastronómico, senón tamén polo seu valor
como elemento patrimonial e cultural.
Logo das condecoracións, tivo lugar a degustación popular de salmón cunha
estimación de 3.000 pinchos servidos na praza do Mercado.
Os concertos da Big Band Carlos Barruso e da Coral Polifónica Estradense
puxeron punto e final ao regreso dun dos grandes eventos gastronómicos da
comarca.

GALERÍA:

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.