O mellor bádminton baseautonómico darase cita este sábado na Estrada

 O pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá desde as 10.00 horas o
campionato galego de bádminton sub 11 e sub 19.
 O edil de deportes, Ismael Pena, presentou hoxe a proba
acompañado por Jesús Pereiro, presidente do Club Badminton A
Estrada e Patricia Iglesias, membra da xunta directiva.

A Estrada reafirma a súa posición como un
dos epicentros do deporte galego acollendo este sábado o campionato galego
sub-11 e sub-19 de bádminton.
A cita desenvolverase desde as 10:00 horas da mañá no pavillón Manuel Coto
Ferreiro e nela, 81 deportistas daranse cita no que será un dos grandes
eventos do bádminton base autonómico.
Esta mañá tivo lugar a presentación da proba, nun acto no que participaron o
edil de Deportes, Ismael Pena, xunto con Jesús Pereiro, presidente do Club
Bádminton A Estrada e Patricia Iglesias, integrante da xunta directiva desta
entidade.
As probas desenvolveranse nas categorías feminina, masculina e mixta,
disputándose un total de 5 títulos en cada unha das categorías, sub-11 e sub-
19, con premiacións para os vencedores nas modalidades individuais, dobres e
mixtos.
O bádminton estradense estará representado a través de 5 deportistas locais
que aspirarán a 4 títulos, todos eles en categoría sub-19.
Durante a súa intervención, o responsable de Deportes indicou a “importancia
de albergar este tipo de eventos para poñer en valor o bo traballo feito nas
categorías base e deste xeito darlle visibilidade a un deporte que conta cun
gran número de adeptos”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.