A Estrada reivindica o legadoliterario de Manuel García Barroscoa reedición de dúas das súas obras

 A Casa das Letras acolleu este serán a presentación da reedición
por parte da Editorial Galaxia dos libros Dos meus recordos e
Enredos, de Manuel García Barros.
 No acto participaron; Juan Constenla, edil de Cultura; Suso
Domínguez, editor de Galaxia; Carlos Loureiro, editor e biógrafo de
Manuel García Barros; e Valentín García, secretario xeral de Política
Lingüística.

A Casa das Letras acolleu este serán o acto
de presentación da reedición por parte da Editorial Galaxia dos libros de
Manuel García Barros Dos meus recordos e Enredos.
No acto interviñeron Suso Domínguez, editor da editorial Galaxia, Carlos
Loureiro, editor e biógrafo do escritor Manuel García Barros, Valentín García
Gómez, secretario xeral de Política Lingüística e Juan Constenla, edil de
Cultura do Concello da Estrada.
A reedición das obras "Dos meus recordos" e "Enredos" constitúen a
culminación do proceso de reedición e edición inédita da súa obra, emprendido
por Galaxia no ano 2019. Unha labor de edición no que colaboraron
activamente o Concello da Estrada e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
“Para o Concello da Estrada é un orgullo colaborar estreitamente coa Editorial
Galaxia neste proxecto, así como coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esta iniciativa demostra o noso compromiso coa promoción da nosa cultura e o
fomento da literatura na nosa lingua”, sinalou Constenla.
Pola súa parte, Suso Domínguez, editor de Galaxia afirmou que “as obras,
consideradas pilares da literatura estradense, foron meticulosamente
restauradas coa finalidade de achegar o legado de Manuel García Barros aos
nosos días”. Carlos Loureiro, editor e biógrafo do literato, engadiu que “a

culminación deste proceso supón un fito que fará perdurar a figura e obra dun
dos máis sobranceiros escritores do noso municipio”.
Finalmente, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez,
puxo en valor “o fantástico traballo realizado durante todo este tempo para
hoxe poder presentar estas obras e reivindicou a importancia da colaboración
institucional para levar a cabo este tipo de iniciativas

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.