A mesa de contratación eleva aproposta de adxudicación das obras do tramo da AG-59 entre A Ramallosa e Pontevea

 A proposta de adxudicación de UTE VÍAS Y CONSTRUCCIONES
S.A. – MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA,
S.L. (MARCONSA) foi elevada a ao órgano de contratación pola
Mesa de Contratación, cun importe total de 27.176.116,00€.
 Logo da adxudicación, os traballos terán un prazo de execución de
20 meses.

AUTOVIA AG-59 QUE SERA AMPLIADA HASTA A ESTRADA

A Mesa de Contratación acordou elevar ao
órgano de contratación a proposta de adxudicación do contrato ao licitador UTE
VÍAS Y CONSTRUCCIONES S.A. – MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y
CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. (MARCONSA), por un importe total que
ascende a 27.176.116,00€, para a execución dos traballos da primeira fase de
prolongación da AG-59 entre A Ramallosa e Pontevea.
Esta primeira fase, aprobada o pasado mes de marzo pola Consellería de
Infraestruturas e Mobilidade, permitirá a unión de A Ramallosa e Pontevea,
núcleo limítrofe co Concello da Estrada, a través dun novo tramo de 3,5
quilómetros de lonxitude.
Os traballos neste primeiro tramo, que terán un prazo de execución de 20
meses, incluirán seis novas estruturas: o viaduto de Santa Lucía de 150 metros
de lonxitude, 3 pasos inferiores e 2 pasos superiores, un en cada enlace.
Ademais prevense ao longo do trazado variantes das estradas actuais e
camiños de servizo.
Paralelamente avanzase no segundo treito proxectado, que conectará
Pontevea con O Rollo, xa en termo municipal estradense. Este tramo terá unha
lonxitude de 4 quilómetros e incluirá 9 novas estruturas: 2 viadutos -un sobre o
río Ulla e outro sobre o río Vea-, 4 pasos inferiores, 1 paso superior e 2 muros.
A través destes avances, dáselle continuidade á materialización dunha
actuación histórica para o desenvolvemento da Estrada, xa que con esta nova
conexión enlazarase o municipio estradense con Santiago de Compostela en
menos de dez minutos e sen pagamento de peaxes, situando A Estrada nunha
posición privilexiada debido á súa proximidade a unha urbe referente no
turismo nacional que conta con infraestruturas como unha estación intermodal
ou un aeroporto internacional.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.