Manuel López Rodríguezproclámase gañador do XXVIIpremio de poesía “Avelina Valladares

 O xurado do certame, reunido hoxe na sala de Xuntas do Concello
da Estrada, acordou por maioría premiar o poemario “Fío –
Taxidermista”, de Manuel López Rodríguez.
 O xurado destacou “o realismo cromático, clasicismo e o
compoñente hopperiano” da elaboración.

Manuel López Rodríguez proclamouse esta
mañá vencedor da vixésimo sétima edición do certame de poesía “Avelina
Valladares”.
Así o acordou por maioría o xurado reunido esta mañá na sala de xuntas do
Concello da Estrada. O tribunal, integrado por Gumersindo Villmayor, Rosalía
Morlán, Esteban Folgar e Dolores Araújo, en calidade de secretaria, destacou
“o realismo cromático, clasicismo do íntimo e cotiá e o hopperismo” do
poemario de López Rodríguez.
Ademais, tamén sinalaron que “no seu simbolismo metafórico atopamos unha
acentuación atinada”. Do mesmo xeito, destacaron que “utiliza o recurso de
falla de artigo” e fan fincapé na derradeira, que se presenta “como un poema
resumo, no que a percepción xeral de todo o poemario é o misterio como
estratexia poética”.
A edil, Amalia Goldar, acompañou ao xurado e sinalou “a importancia de darlle
un espazo a estas manifestacións artísticas, que enriquecen o patrimonio
cultural municipal e que nos permiten achegarlle un altofalante aos autores e
autoras para que as obras presentadas cheguen ao público”.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.