As actividades de conciliaciónpromovidas pola área de ServizosSociais beneficiaron a 400participantes

 O campamento urbano, que inclúe aos catro colexios do rural
contou con 320 asistentes, mentres que o Espazo Concilia deu
servizo a 65 nenos e nenas neste verán.
 “É moi satisfactorio prestar un servizo tan necesario e
indispensable a un elevado número de familias estradenses,
independentemente da súa condición socioeconómica ou do seu
lugar de residencia” valorou a edil de Servizos Sociais, Amalia
Goldar.

O Concello da Estrada, a través do
departamento de Servizos Sociais, facilitou a conciliación familiar da veciñanza
do municipio reunindo a preto de 400 nenos e nenas nas iniciativas
desenvoltas para esta finalidade durante o período estival.
Un total de 320 rapazas e rapaces participaron no Campamento Urbano, que
se desenvolveu tanto no casco urbano como nos catro colexios do rural
estradense. A través desta iniciativa buscouse promover unha alternativa de
ocio para todas as persoas asistentes, levando a súa celebración a diferentes
localizacións para facilitar así a asistencia do maior número de participantes
posibles en función das necesidades de cada familia.
Dita iniciativa, que aínda se prorrogará nalgúns centros durante os primeiros
días de setembro debido á proximidade do inicio do curso escolar, foi valorada
positivamente moi polas familias.
Outra das alternativas promovida pola área de Servizos Sociais foi o Espazo
Concilia que este verán aumentou a súa asistencia en 25 participantes, os
cales sumados aos 40 que xa acudían ao longo de todo o ano elevou a cifra
ata os 65 asistentes.
A edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, indicou a súa satisfacción por
“prestar un servizo tan necesario e indispensable a un elevado número de
familias estradenses, independentemente da súa condición socioeconómica ou
do seu lugar de residencia” e indicou o seu compromiso por “seguir avanzando
da man das familias, escoitando as súas suxestións para continuar dándolles
un servizo de calidade”.


70 asistentes ao ‘Campamento do Mar’, en Ribadeo
A edil tamén recibiu onte á primeira quenda de mozos e mozas que
participaron nos campamentos do Mar celebrados desde o pasado 26 de
agosto no albergue xuvenil da Devesa, no Concello de Ribadeo.
O balance realizado polos participantes foi boa, sinalando a maioría dos
mesmos a súa predisposición a repetir a excursión.
A segunda quenda de asistentes xa se atopa en Ribadeo, onde permanecerán
ata o remate da actividade, prevista para o vindeiro luns día 4 de setembro

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.