As intervencións suporán o repintado de accesos, pasos de peón,
bordos de beiravías e zonas de estacionamento coa finalidade de
mellorar a seguridade do alumnado dos centros e dos peóns.
Os traballos executaranse no CEIP de Figueroa, no Pérez Viondi, na
contorna dos institutos e no Colexio Plurilingüe N. S. De Lourdes.
O Concello da Estrada iniciou hoxe os
traballos de acondicionamento e mellora da seguridade viaria nas contornas
dos centros de ensino da localidade.
Esta mesma mañá deu comezo unha intervención que incluirá traballos de
repintado en elementos viarios como pasos de peóns, bordos de beiravías e
áreas de estacionamento de autobuses, coa finalidade de promover unha maior
seguridade tanto para os usuarios dos centros como para os viandantes e
condutores que circulen por estes espazos, os cales rexistran unha gran
afluencia de tránsito nas horas de entrada e saída do alumnado.
Os traballos estanse a realizar nos CEIP de Figueroa, no Pérez Viondi, na zona
dos institutos e no Colexio Plurilingüe Nosa Señora De Lourdes, e agardase
que ao longo da xornada de mañá poidan estar rematados, estando xa estas
zonas acondicionadas para o inicio do curso escolar.