O obradoiro de música moderna Carlos
Barruso da Estrada encara unha nova edición asinando un auténtico éxito en
cifras de inscrición. O Teatro Principal acolleu, esta mañá, a presentación oficial
desta convocatoria, que correu a cargo de Juan Núñez e Manuel Castedo,
responsables do taller, así como de Ramón Bermejo, que se sumará ao equipo
docente como profesor de coro, e Rubén Servide, o director da big band.
As sesións lectivas comezarán o 2 de outubro. Como novidade, dada a elevada
afluencia de persoas inscritas, as clases dos luns dedicaranse a coro e os
mércores á big band. Máis aló da propia formación, esta prevista a realización
de varios concertos ao longo do curso: o primeiro terá lugar na época de Nadal
e o segundo coincidirá coa finalización do curso. Con todo, a maiores destes
recitais, na presentación avanzouse que se planea a realización de jam
sessions (encontro de improvisación musical) na rúa.
Ata o de agora, o coro conta cun total de 21 inscritos. En canto ao apartado de
big band, aínda quedan unhas poucas prazas dispoñibles. A matrícula para o
obradoiro continúa aberta na páxina web da Fundación Cultural da Estrada.
Este taller naceu da demanda do colectivo de músicos estradenses por acadar
unha formación en música moderna que dese continuidade ao traballo iniciado,
no 2009, polo mestre Carlos Barruso. O obxectivo é, precisamente, reivindicar
e manter o legado musical que Barruso deixou entre o seu alumnado.
O obradoiro de música modernaCarlos Barruso encara unha novaedición asinando un éxito en cifras de inscripcións
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.