O alcalde, José López, e o edil, Manuel Magariños, presentaron esta
mañá o novo portal web municipal, desenrolado por persoal do
Concello, Aestradadixital e as empresas locais Monster e Dual
Webmedia.
A nova web presenta unha xestión máis clara e unha maior
organización dos contidos, ademais dunha estética máis moderna
elaborada en base a elementos representativos da Estrada.
O Concello da Estrada presentou esta
mañá a súa nova web municipal, cunha estética renovada e unha maior
organización dos contidos para facilitar a navegación.
O alcalde, José López Campos, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías,
Conectividade e Reto Demográfico, Manuel Magariños, foron os responsables
de presentar esta mañá na sala de xuntas do Concello o novo portal en liña,
desenrolado íntegramente por persoal do Concello e de Aestradadixital coa
colaboración das empresas locais Monster, responsables da parte gráfica, e de
Dual Webmedia, encargada de adaptar o deseño a formato web en modo de
plantillas.
Os obxectivos de cara os cidadáns da nova páxina son ofrecer unha xestión
mais clara e unha maior organización dos contidos. Tamén se busca unha
estética máis moderna e actual, que integra as cores da bandeira municipal e
lugares representativos do concello.
Ademais, a páxina web que cumpre cos estándares de accesibilidade, sendo
responsive, é dicir, compatible con todo tipo de dispositivos móbiles como
tablets, teléfonos ou portátiles.
Outras das principais novidades é a integración dunha Axenda Cultural que
facilita a difusión dos eventos que se desenvolven no no Concello,
incorporando un calendario para o seu seguimento.
A nivel técnico, mellórase o posicionamento en buscadores, provocando deste
xeito que sexa máis sinxelo atopar a web na rede. Ademais, tamén fai emprego
dun xestor de contidos, de software libre, que é punteiro a nivel tecnolóxico na
actualidade, e permite unha actualización e reorganización de contidos
anteriores e actuais.







































