A Estrada presenta un orzamento municipal de17 millóns de euros cun plan de continxenciacoa finalidade de rebaixar o déficit

 Na actualidade o Concello ingresa ao redor de 15 millóns de euros,
saldo insuficiente para afrontar os gastos de persoal, que se elevan
a 6.8 millóns, e o gasto corrente, 8.355.000 millóns.
 O Concello promove unha suba do 25% do IBI, o cal se traducirá
nun aumento de 40 euros na factura anual, fronte aos 90 euros que
se estima que suporía incrementar as taxas.
 A previsión do goberno local é que co paquete de medidas
adoptadas poida corrixirse e estabilizarse o déficit de cara ao curso
2024-2025.

O Concello da Estrada anunciou hoxe que
diporá dun orzamento que se situará en torno aos 17 millóns de euros. O
alcalde, José López, e o edil de Facenda, Organización e funcionamento e
Persoal, Alberto Blanco, presentaron esta mañá na sala de xuntas da casa
consistorial a situación económica do Concello.
O rexedor sinalou que desde o curso 2021 rexístrase a situación de que a
financiación dos Concellos se mantén en estándares similares no referente ao
volume de ingresos, pero pola contra, aumenta notablemente en termos de
gasto.
O primeiro edil defendeu que ante esta situación, o papel das administracións
locais debe ser actuar como “amortiguador social”, para evitar que esta
problemática repercuta directamente na cidadanía e nos servizos prestados
pola administración local..
O gasto corrente aumentou máis de 2 millóns de euros, elevándose ata os
8.355.000, prestando os mesmos servizos derivado da inflación coste de
servizos e materiais.
Algúns exemplos deste incremento producíronse no servizos de recollida de
lixo, o cal supón agora 500.000 euros máis, o que se traduce 1,8 millóns ao
ano, dos cales 1,4 millóns corresponden ás labores propias deste servizo e
400.000 de pago a SOGAMA polo tratamento de residuos, o que se traduce en
1.700 euros diarios só neste último servizo.

O Servizo de Axuda no Fogar tamén aumentou debido ás subidas salariais e ás
condicións particulares que presenta a dispersión da poboación no municipio
estradense. Froito disto, o prezo para licitalo a día de hoxe é de 1.400.000
euros para atender ás 100 familias que se benefician deste servizo. Estas cifras
supoñen un custo de 100.000 euros por mes, para un servizo que presta 5.000
horas mensuais, ou o que é o mesmo, un gasto de 22€/hora durante a semana
e 26€/hora na fin de semana.
Tamén o servizo da auga presenta déficit xa que presenta 1,2 millóns de custo
polo 700.000 euros de recadación.
No iluminado público, malia que a previsión logo das actuacións executadas
para reducir o consumo era pasar dun gasto de 900.000 a 450.000 euros, o
aumento do prezo da enerxía provocou que contía final se levase a máis de
750.000 euros. No referente á limpeza de edificios públicos, o gasto duplicouse
de 180.000 a 360.000 euros.
En materia de educación, a EIM rexistrou un coste anual de 435.000 euros, e
no caso da EIM Galiña Azul, malia estar consorciada pola Xunta, o Concello
paga unha aportación de 900 euros por alumno. Pola súa parte, o
conservatorio municipal tamén presentou un notorio déficit xa que o seu custo é
de 360.000 euros, ante os 40.000 euros que aportan as familias aportan.
No referente aos ingresos, a contía dos mesmos sitúase ao redor dos 15
millóns de euros dos cales o goberno central aporta 5 millóns, a Xunta de
Galicia 1,2 millóns, 2,5 millóns proceden de taxas e servizos públicos e por
impostos directos e indirectos recádanse 4,5 millóns netos. Tal e como reflexan
estas cifras, as aportacións doutras administracións non permiten tan sequera
cubrir os gastos de custos de persoal e os ingresos total tampouco
Ante esta situación, o Concello adopta un plan de continxencia e redución do
gasto corrente a través dunha serie de obxectivos estratéxicos entre os que se
inclúen a licitación de servizos que se prestan de forma indirecta, entre os que
se inclúen lixo, ou limpeza edificios públicos, entre outros.
Tamén se aforrarán 2,5 millóns dos 4,5 millóns de préstamos extraordinarios.
Isto situación é posible grazas ao aforro en investimentos como o millón de
euros reservado polo goberno local para a financiación do módulo cuberto,
procedente finalmente pola Xunta e a Deputación. Tamén se cancelarán
900.000 euros do 1.250.000 euros de fondos europeos e 340.000 euros da
Edusi. Ademais, desde o goberno local estase valorando incorporar os 700.000
euros procedentes dun préstamo.
Grazas aos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra estímase
recibir 1,6 millóns dos cales 600.000 euros destinaranse a sufragar o gasto
corrente, malia que como sinalou o rexedor “non é a situación idónea, pero este
ano debemos de afrontala de forma excepcional”.

Non obstante, a aplicación destas medidas aínda non se superaría o déficit
entre a recadación e o gasto, polo que se actualizará o IBI ata o 0,5%, situado
na actualidade no 0,4%, o mínimo legal. Este incremento do 25% traducirase
nunha subirá en torno a 40 euros anuais por fogar, situándose en torno a 211
euros, aínda por debaixo da media galega por vivenda no pago anual. Esta
medida suporá que unha menor presión para os contribuíntes que se se fixera
un aumento de taxas, o cal implicaría un aumento de 90 euros cada ano por
fogar.
O alcalde sinalou que a través destas medidas “buscamos un cambio de
cultura de gasto, queremos seguir prestando servizos que son fundamentais,
pero que cada vez son máis difíciles de manter”. Tamén sinalou que “non
quixemos aplicar actualizacións nas taxas porque non estamos no contexto de
aumentar as taxas á nosa veciñanza. O aumento do 0,1% do IBI terá un
impacto moito menor e malia esta subida o Concello da Estrada seguiría por
debaixo da carga impositiva media de Galicia”. Con estas tres medidas prevese
que no 2024-25 poida corrixirse a situación de déficit.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.