O encontro de música folk terá lugar a partir das 18:00 horas do 12
de novembro e contará cun amplo número de agrupacións.
As persoas que desexen acudir xa poden facerse coas súas
entradas por un prezo de 5 euros no departamento de Cultura do
Concello, no Mesón da Estrada ou na cafetería Eureka.
O Concello da Estrada presentou esta
mañá na sala de xuntas do consistorio a programación da XVI Encontro de Folk
‘Lume na Lareira’, que terá lugar no Teatro Principal o vindeiro 12 de novembro
a partir das 18:00 horas.
O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, e Juan Ruibal, organizador do
evento, foron os responsables de presentar polo miúdo a programación dun
evento que porá en valor a música folk e tradicional.
O encargado de presentar o certame será Julio González, e entre o repertorio
de artistas atópanse agrupacións como Os Alegres de Pontevedra, con 85
anos de existencia ininterrompida, a luguesa Begoña López, campioa de
España de acordeón amateur, o Padre Xiao, Os do Fuelle de Maceda, A
Carballeira de Cercio, o búlgaro Christo Christini que repetirá no escenario do
Principal un ano máis, Antonio Barros e finalmente pechará o festival a
actuación de Lume da Lareira quenes prometen levar á xornada un tema
sorpresa.
As persoas que desexen acudir ao evento poderán facerse xa coas súas
entradas por un prezo de 5 euros no departamento de Cultura do Concello, no
Mesón da Estrada e na cafetería Eureka.
O edil de Cultura, Juan Constenla, defendeu “o apoio do Concello á promoción
da música tradicional e das agrupacións estradenses, as cales fan unha labor
imprescindible para o mantemento do legado cultural e da tradición oral”. Pola
súa parte, Ruibal, adiantou que este ano homenaxearase ao lutier Joaquín
Espiño, máis coñecido como García de Riobó, interpretando pezas con
instrumentos da súa autoría.







































