O Centro Cultural Partido A Estrada deBuenos Aires cumpre 80 anos de promocióncultural estradense desde a diáspora

 O alcalde, José López, xunto co tenente de alcalde, Juan Constenla, e o
edil, Gonzalo Louzao, desprazáronse ata Buenos Aires acompañados do
conselleiro de Cultura e o secretario xeral de Política Lingüística,
Valentín García para conmemorar o 80 aniversario da entidade.
 A delegación estradense está a manter contacto con diversos colectivos
estradenses emigrados a Arxentina.
 “Debemos agradecer o traballo da colectividade estradense emigrada
que asentou as bases para que hoxe poidamos ser un pobo máis
xeneroso, tolerante e con máis futuro”, sinalou López Campos.

O Concello da Estrada estivo presente na
conmemoración do 80 aniversario do Centro Cultural Partido A Estrada de
Buenos Aires a través dunha delegación encabezada polo rexedor estradense,
José López, xunto co tenente de alcalde, Juan Constenla, e o concelleiro
Gonzalo Louzao, acompañados polo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia
e o secretario xeral de Política Ling üística, Valentín García.
A entidade, fundada no 1943 logo da fusión da Unión Estradense e a
Federación Agraria da Estrada en Buenos Aires, desenvolve unha actividade
clave para a promoción e preservación da cultura galega e en concreto
estradense na Arxentina, destino habitual de migración ao longo do século XX.
Na súa visita estiveron acompañados por Xosé Manuel Besteiro, recentemente
nomeado como presidente da entidade, ademais de por integrantes do
colectivo e demais representantes institucionais.
O alcalde, José López, sinalou a importancia de asociacións como o Centro
Cultural Partido A Estrada de Buenos Aires para “servir como punto de
encontro para tantas persoas que desde o outro lado do Atlántico sumaron
forzas en prol seguir facendo Galicia”. Tamén tivo palabras de recoñecemento
“para o traballo da colectividade estradense emigrada que asentou as bases
para que hoxe poidamos ser un pobo máis xeneroso, tolerante e con máis
futuro”.
O rexedor tamén destacou o compoñente “interxeracional” destas asociacións
para “servir de punto de encontro entre xeracións e permitirnos coñecer as
nosas raíces e manter viva a tradición e o espírito estradense”.

Ademais deste acto, a delegación do Concello da Estrada desprazada ata a
rexión platense está a manter encontros e a realizar visitas a entidades e
representantes da colectividade estradense emigrada á Arxentina.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.