A Estrada, o concello con máis de 20.000 habitantes máis seguro de Galicia

  • Os datos do Ministerio do Interior indican que no primeiro semestre deste ano rexistráronse 135 casos de criminalidade convencional, mantendo unha liña continuista en relación aos datos do mesmo período durante o ano pasado, no que se rexistraron 129.

 

  • O concello estradense rexistra soamente 6,71 delitos por cada 1.000 habitantes

 

.  A Estrada revalida un ano máis a súa posición como o concello con máis de 20.000 habitantes máis seguro de Galicia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asiste ao acto de recepción aos novos alumnos do curso académico de Policia. Academia Galega de Seguridade Pública, A Estrada, 22/03/23.

Así o reflicten os últimos datos publicados polo Ministerio de Interior correspondentes ao primeiro semestre de 2023 amosan que  rexistraron un total de 135 penais, o que se traduce en 6,71 delitos por cada 1.000 habitantes, un índice que mantén as cifras recadadas durante o mesmo período do ano anterior no que se produciron 129, ou o que é o mesmo, 6,41 faltas por habitante.

A nivel provincial, os rexistros da Estrada reflicten un total de 36 delitos menos que os de Marín, o segundo municipio con menor criminalidade, e 46 con respecto a Lalín, no terceiro posto. No referente á comparativa con municipios doutras provincias, A Estrada distánciase en máis de sete puntos de Cambre, o municipio con mellores datos de seguridade da Coruña (14,4 delitos por cada mil habitantes). Pola súa parte, nas provincias de Lugo e Ourense soamente os municipios capitalinos computan neste  ránking, presentando ambas localidades un censo notablemente superior ao estradense.

O alcalde, José López Campos, fai fincapé en que detrás destes datos atópase “o incesable traballo que desenvolven os axentes de seguridade no seu día a día, traballo que hoxe se materializa nuns datos que non fan máis que evidenciar que para este goberno, a seguridade cidadá é unha prioridade e, por iso, é un orgullo saber que esta aposta está véndose reflectida no feito de que A Estrada se manteña como o municipio máis seguro de toda Galicia”.

Ademais tamén sinalou que estes datos reforzan á Estrada como unha referencia da seguridade no ámbito autonómico, destacando que o municipio é a sede da Academia Galega de Seguridade Pública, o centro formativo dos axentes da Policía Local, Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil que traballan en Galicia.

 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.