A Estrada publica o listado de clubs edeportistas nominados na ‘V Gala doDeporte Concello da Estrada 2023’

 18 deportistas e 9 clubs optarán aos nove galardóns que se
repartirán para estas modalidades.
 Tamén se concederá premiación ao mellor evento deportivo do ano,
á entidade de apoio ao deporte, mencións honoríficas e
recoñecerase a traxectoria ao doutor Juan José Cota.
 Os premiados e premiadas desvelaranse na V Gala do Deporte do
Concello da Estrada, programado para as 20:00 horas do vindeiro
19 de decembro no Teatro Principal.

O Concello da Estrada fai públicos
hoxe os candidatos e candidatas que optarán ás diferentes categorías na V
Gala do Deporte, o vindeiro 19 de decembro.
O xurado reuniuse onte para aprobar as nominacións propostas polo
departamento de Deportes en cada categoría e para deliberar o gañador en
cada unha delas. Os resultados daranse a coñecer na gala, sumados ao xa
coñecido recoñecemento ao doutor Juan José Cota, xefe dos servizos
médicos do Real Club Celta de Vigo.
Ademais, concederanse tres mencións honoríficas a tres persoas ou clubs
vencelladas co ámbito deportivo local que tamén se farán públicos durante a
gala.
Deste xeito, o triatleta, Adrián Picallo, o piloto, David Vázquez e o atleta, El
Mehdi El Nabaoui pelexarán por facerse co galardón ao mellor deportista
masculino deste ano.
Pola súa parte, Carmen Escariz, Dori Carbia e Raquel Miguens farán o
propio na modalidade de mellor deportista feminina.
Na categoría de mellor deportista masculino sub-18 concorrerán Darío
Míguez, do Club Bádminton A Estrada, Samuel Tato, atleta do Club Judo
Base, e Pablo López do Club Tenis RC. Pola contra, en feminino, as
candidatas son Iziar Barcala, do Club Bádminton A Estrada, África Loureiro,
do Club Budoyama Kárate e Natalia Rivas, atleta de marcha atlética.

Os propostos para a distinción de deportista ou club revelación 2023 son a
atleta, Arauia Al Bachere, a tenista Candela Fajardo e o loitador Joel Castro.
Pola súa parte, Xaquín Baldomir, técnico do Club Judo Base, Miguel
Sánchez, do Club Tenis RC, e Manu Brea, do Club Bádminton da Estrada, son
os nominados a mellor adestrador.
No referente ao mellor clubs de base, os candidatos son o Club Tenis de
Mesa Top Spin, que durante este ano contou con 30 licencias, o Atletismo A
Estrada, con 106 licencias, e o Club Judo Base, que dispuxo de 90.
O premio ao mellor equipo rifarase entre o CNS cadete masculino, o equipo
máster do Sincroburbullas e o conxunto benxamín A do EEFB.
As entidades nominadas para recoñecer o seu apoio ao deporte local son
Strada CB, Edente Estudio Dental e Grupo Habita Servicios/Inversia
Insurance.
Finalmente, tamén se resolverá cal foi o mellor evento deportivo do 2023
entre o XVIII Memorial Manuel Coto Ferreiro que enfrontou ao Estrada Futsal
co Pescados Rubén Burela F.S, a XXV Ruta BTT do Salmón, na que este ano
se deron cita 520 participantes, ou o Campionato Galego de Ximnasia de
Trampolin que contou coa participación de ximnastas mundialistas.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.