A Estrada pon en valor o traballo dasgandarías da comarca e as mellorasacadadas en calidade e optimización de recursos.

 Hoxe tivo lugar unha xuntanza organizada pola concellería de
Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira con diferentes
representantes de explotacións gandeiras da comarca.
 A xornada, celebrada no restaurante ‘Semaná’ da Estrada, incluíu
un xantar de confraternidade e dúas charlas por conta da
veterinaria Sara García e o gandeiro José Carlos Vega.

O restaurante ‘Semaná’ da Estrada
acolleu hoxe unha xuntanza promovida pola área de Desenvolvemento Rural e
Actividade Agrogandeira, encabezada por María Ángeles Pais Carbia, na que
se recoñeceu o labor desenvolto polos profesionais gandeiros á fronte das súas
explotacións, así como as melloras acadadas tanto en termos de calidade
como optimización de recursos.
Na xornada, o alcalde, José López Campos e a edil, María Ángeles Pais Carbia
participaron diversos representantes de explotacións agrogandeiras da
contorna e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias
Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros.
A programación da cita incluíu charlas por conta de Sara García Vega,
veterinaria da cooperativa Xallas, quen tratou o manexo de reprodución das
vacas secas e tamén por conta do gandeiro do Grupo Reigada, quen compartiu
coas persoas asistentes a súa experiencia no sector.
Ao remate destas intervencións tivo lugar a entrega de premios ás explotacións
leiteiras gañadoras con base nos datos de control leiteiro recollidos por Africor
Pontevedra. As explotacións estradenses Gandeiria Pais S.C.e Rosa Ana
Tenreiro Merlan, xunto con Gandeiría Pereira S.C, de Forcarei, recibiron o
distintivo por índices xenéticos, que recolle os índices de varios parámetros
como produción, calidade ou conformación.
No referente calificación media, realizada a través da Confederación Nacional
de Frisona Española, que mediante uns calificadores seleccionan á gandaría
con mellor media, os premiados foron Gandeiría Gestoso S.C, da Estrada, e
Gandeiría Pereira SC e Manuel Míguez Filloy, ambas de Forcarei.
No eido da produción, os galardóns recaeron en Finca Santaya S.A.T e Mª
Susana Besteiro Otero, da Estrada, e Gandeiría Pereira S.C, de Forcarei.

A edil de Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira sinalou que “os
resultados obtidos por estas explotacións locais e da comarca responden ao
coidado e á calidade nos procesos, que fan do noso gando unha referencia a
nivel autonómico e nacional”.
Pola súa parte, o alcalde, José López, puxo en valor “uns distintivos que non
fan outras cousa que dar testemuña do fantástico traballo desenvolto polos
gandeiros e gandeiras, así como pola calidade natural do rural estradense, o
cal como non pode ser doutro xeito, repercute de forma directa na calidade dos
produtos”

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.