O BNG critica que os orzamentos son irreais e o debate chega tarde

O BNG da Estrada critica que os orzamentos presentados polo goberno para o ano 2024. «Non estamos ante unha proposta seria de orzamentos senón ante un exercicio de propaganda por parte do alcalde», acusa Xoán Reices, voceiro dos nacionalistas.
 
Desde o BNG sosteñen que a situación económica da Estrada e a xestión do goberno fan que o concello viva a crédito, pensando cada ano como pagar o ano anterior e que o anexo de investimentos «é unha vergoña, con decenas de partidas abertas para poder mover os cartos entre elas pero sen orzar, polo que non se sabe canto se prevé investir en realidade».
 
Censuran tamén os nacionalistas que non se prevea unha partida económica específica para levar accións que permitan superar a «dramática» situación demográfica do concello ou para promoción de vivenda pública.
 

Ademais das críticas puramente económicas, desde o BNG tamén critican ao goberno a tardanza en elaborar os orzamentos, unha semana antes de que remate o prazo, e a falta de tempo co que se envía a documentación ao resto de forzas políticas, no que din é unha estratexia do goberno para dificultar o seu labor como oposición.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.