· A plataforma aestradadixital notificoulle á empresa responsable deste servizo a incidencia causada pola saída de vía dun camión, ocasionando o derrumbamento dun poste con cableado de fibra.
· En base ás previsións agárdase que a reparación poida solventarse durante as vindeiras xornadas.
O Concello da Estrada xa iniciou os trámites pertinentes para a reparación das incidencias ocasionadas no subministro de fibra óptica en Santo André de Vea logo de que a saída de vía dun camión ocasionase onte o derrubamento dun dos postes que conectaba o cableado de fibra.
Desde a plataforma aestradadixital iniciáronse os contactos coa empresa responsable deste servizo para notificarlle a incidencia e, deste xeito, poder proceder á súa reparación. En base ás previsións, agárdase que os traballos para restablecer a fibra poidan ser executados ao longo das vindeiras xornadas.







































