A deputada de Turismo, Nava Castro, presentou os puntos fortes deste percorrido xunto
ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, quen
interveu en representación dos concellos da provincia polos que transcorre a ruta
Nava Castro: “Aquí estamos seis concellos da provincia, moi diferentes, incluso de
distinto signo político, que temos sabido traballar xuntos, arredor da cultura e do
patrimonio, cun obxectivo común: impulsar e promocionar a Ruta de Ignacio Taverneiro”
Deputación de Pontevedra continúa a súa axenda de actos e
presentacións en Fitur coa Ruta de Ignacio Taverneiro, a vía cara Compostela que transcorre pola provincia
atravesando Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Pazos de Borbén, Pontecaldelas, Ponteareas e Salvaterrra. A
deputada de Turismo, Nava Castro, foi a encargada de presentar os puntos fortes deste percorrido xunto ao
alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial Jorge Cubela, quen interveu en representación
dos seis concellos da provincia polos que transcorre a ruta.
“Aquí estamos seis concellos da provincia, moi diferentes, incluso de distinto signo político, que temos
sabido traballar xuntos, tendendo pontes arredor da cultura e do patrimonio, cun obxectivo común:
impulsar e promocionar a Ruta de Ignacio Taverneiro”, remarcou a deputada provincial. Nava Castro
afirmou que “somos moi conscientes da proxección turística que supón contar xa con esta nova ruta cara
Compostela” e amosouse convencida de que “esta vía alternativa cara Santiago dará moito de que falar.
Estou segura de que, se a facedes, deixará en vós unha pegada inesquecible e será unha vivencia que
xamais esqueceredes”.
A deputada provincial afirmou que existen numerosas variantes para peregrinar cara Compostela que
atravesan a provincia e, sobre a Ruta de Ignacio Taverneiro, remarcou o feito de que o seu percorrido sexa
froito dun rigoroso traballo de investigación no que se implicaron Luis Ferro e Carlos da Barreira. Tamén
subliñou que abrangue 130 quilómetros a través de cinco etapas por concellos do interior de Pontevedra
nun percorrido suave, con desniveis menores que outros percorridos que cruzan a provincia cara Santiago
tamén polo seu interior. Ademais, como punto forte, transcorre a carón de 30 igrexas – tres delas con
Santiago Apóstolo como patrón-, 14 petos de ánimas, numerosos cruceiros e unha ampla lista de lugares de
interese cultural como pontes medievais ou contornas naturais como as que conforman o río Oitavén ou o
Verdugo.







































