A Estrada acolleu un encontro informativo do Plan Provincia Comunitaria da Deputación para favorecer a implantación e melloras das entidades veciñais no territorio

O Concello da  Estrada acolleu hoxe xoves, 1 de febreiro, un encontro informativo do Plan Provincia Comunitaria da Deputación de Pontevedra, o cal está dotado dun millón de euros coa finalidade de potenciar a implantación homoxénea das entidades veciñais no territorio.

A actividade, que se celebrou ás 19.00 horas no Museo do Moble e da Madeira, consiste en facilitar información para a realización de proxectos por parte de asociacións veciñais, confederacións, federacións, unións ou asociación de mulleres rurais con domicilio fiscal na provincia.

O plan pretende que estas entidades se beneficien de contías que van desde os 6.000 euros ata os 10.000 euros para adquirir equipamentos ou executar obras de acondicionamento, reforma e ampliación de locais sociais, infraestruturas nas que desenvolven a súa actividade diaria.

O prazo para solicitar as axudas do Plan Provincia Comunitaria remata o 29 de febreiro e as obras executadas deben estar rematadas no mes de novembro.

Desde o goberno local animan a todas as asociacións veciñais, confederacións, federacións e asociacións de mulleres rurais a achegarse no día de mañá ata o Museo do Moble e da Madeira para coñecer máis detalles sobre este plan, para poder mellorar o desenvolvemento da súa actividade.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.