Museo do Moble e da Madeira da Estrada acollerá este esta tarde, a presentación de Graduada Mixata. Bach a última obra do escritor cuntiense Fernando González Graña.
A cita, programada para as 20:30 horas, contará coa participación do autor, quen estará acompañado pola mestra Charo Bellot; o tamén mestre e escritor, Carlos Loureiro; e o ilustrador, Fernando González.
Ademais, a programación da xornada tamén incluirá unha breve lectura do libro por conta de Mavi Herrera e Chus Sánchez, así como unha actuación musical.
As persoas que desexen asistir poderán facelo de balde ata completar o aforo da sala.







































