· A gran expectación xerada polo musical provocou ampliar a programación orixinal cunha nova representación, o venres 8 de marzo no Teatro Principal ás 21:00 horas.
O musical Un médico na aldea reafirma a grande expectación suscitada desde a súa estrea esta pasada fin de semana en Braga esgotando onte mércores as preto de 800 localidades ofertadas para os pases do 2 e 3 de marzo no Teatro Principal.
Polo tanto, ante o enorme interese xerado pola homenaxe que a Escola Municipal de Artes Escénicas e Tequexetéldere lle renderá á figura de Reimóndez Portela, programouse unha nova función que se levará a cabo o día 8 de marzo ás 21.00h no Teatro Principal.
Do mesmo xeito que para os pases desta fin de semana, as entradas para a nova data poderán recollerse no Concello da Estrada en horario de oficina a un prezo de 3.00 euros.







































