A XUNTA CELEBRA O DÍA DA ÁRBORE CO ALUMNADO DO CEIP O FOXO DA ESTRADA COA PLANTACIÓN DE 50 ÁRBORES AUTÓCTONAS

 

  • O delegado territorial destacou a importancia de colaborar para seguir levando a cabo accións de concienciación que garantan o futuro do noso medio natural
  • O alumnado asistiu á liberación dunha ave “miñato” que rematou a súa estancia no Centro de Recuperación de Fauna

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá nunha actividade levada a cabo pola Xunta no CEIP O Foxo, no concello da Estrada, con motivo da celebración do Día da Árbore.

Reguera foi un máis nunha xornada na que preto de 40 nenos e nenas plantaron cerca de medio centenar de árbores autóctonas da man dun equipo de axentes forestais que aproveitaron para explicarlles a importancia de coidar o medio ambiente.

Ademais, o alumnado asistiu á liberación dunha ave “miñato” que concluíu a súa estancia no Centro de Recuperación de Fauna.

Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia deste tipo de actividades que “rompen a rutina dos máis pequenos e lles ensinan a respectar e coidar a natureza dunha forma divertida”.

Rematada a plantación, os pequenos viron en acción unha motobomba que serviu, ademais de para explicar o traballo dos axentes durante os incendios forestais, para regar as árbores plantadas.

O delegado territorial agradeceu o interese e bo comportamento de todo o alumnado e “moi especialmente aos axentes forestais e os docentes que sempre están dispostos a traballar coa Xunta nestas labores de concienciación que son tan importantes para garantir o futuro do noso medio natural”.

GALERÍA: 

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.