Ana Cela presenta na Estrada o seu primeiro libro «Mamá, sorrí sempre»

O MOME da Estrada acolle este venres 12 de abril, ás 20:00 h., a presentación do libro Mamá, sorrí
sempre, da autoría da xornalista Ana Cela e publicado por Edicións Fervenza.

No acto, acompañarán á autora o profesor e escritor Xosé Luna, a xornalista Laura Filloy, o
secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; e o alcalde do Concello
da Estrada, José López.

Así mesmo, ao finalizar o acto, Lagar Peroja servirá sidra estradense aos asistentes.

O libro
Esta ópera prima da xornalista Ana Cela xurde como unha porta cara a liberación, mostrar aos
lectores que o camiño das enfermidades mentais non é alleo ata á persoa máis riseira que
poidamos coñecer. Neste conxunto de relatos, de corte autobiográfico, Ana Cela, describe con
detalle esa andaina, como un día, sen previo aviso, sentes como o chan se abre e caes nun pozo
profundo. Sen necesidade de ningún suceso traumático o teu mundo desmorónase e non sabes a
causa dese sentimento tan profundo que está acabando coa túa alma. Pero incluso nese intre no
que semella que todo se acaba aparece ese resorte que aporta a forza para intentar saír desa
escuridade na que te atopas e que, no caso da autora, veu da man dunha nota da súa filla pequena,
Sofía, e un claro mensaxe: “Mamá, sorrí sempre”.

Así nace esta obra, para dicirlle aos lectores que se atopen nunha situación semellante que non
están sos, que eses sentimentos aos que non poden por nome tamén outros os sentiron e, ao
mesmo tempo, para que os que convivan con alguén que a está a sufrir ese pozo poidan entender o
que lle está a suceder.
Pero non só está destinado a eles, senón tamén para acabar cos tabús da nosa sociedade. O difícil
que resulta entender e que entendan que acudir a un psicólogo ou a un psiquiatra non debería ser

www.edicionsfervenza.es
edicionsfervenza@gmail.com
Telf.: 626 73 14 54

un estigma social e que a depresión e a ansiedade son enfermidades contra as que loitar nunha
ardua e longa travesía.

Pois tal e como a mesma Ana Cela indica, para entender realmente o que che está a suceder "hai
que estar mergullado nese pozo, todo o demais son teorías e opinións que, en esencia, non serven
para nada. Primeiro, porque tenden a ridiculizar e subestimar estas doenzas da alma e, segundo,
porque un non pode facer un retrato fidedigno do demo se nunca o mirou á cara".

Colaboracións
A publicación deste libro, editado por Edicións Fervenza, contou coa colaboración do Concello da
Estrada e a secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

A autora
Ana Cela Neira nace en Oroso no ano 1981. Medrou dacabalo entre Sigüeiro e A Estrada, ata que a
vida profesional e a persoal teceron para ela fogar nas terras de Tabeirós. De nena xogaba a
presentar informativos e a crear xornais nos que as novas inventadas se facían cadrar cos recortes
de revistas. Non é de estrañar que acabase estudando Xornalismo na Universidade de Santiago de
Compostela. Malia que escolleu a rama audiovisual, pronto soubo que o que lle gustaba era a
escrita e, dende hai case dúas décadas escribe nas páxinas de Faro de Vigo, na súa edición de Deza-
Tabeirós.

Mamá, sorrí sempre son as liñas dunha experiencia completamente persoal que comparte dende o
convencemento de que eliminar tabús, estigmas e prexuízos non só é liberador, senón un hábito
saudable como sociedade.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.