O CONCELLO DA ESTRADA RECIBE AUTORIZACION DA XUNTA PARA AAMPLIACION DAS PRAZAS DO CENTRO DE DíA MUNICIPAL

A Consellería de Política Social acaba de concederlle ao Centro de día municipal da Estrada
a ampliación de prazas solicitada polo Concello. Se actualmente, as prazas habilitadas eran
20, coa nova autorización poderanse engadir 20 prazas máis, polo que a capacidade do
Centro será de 40 usuarios/as. Isto supón duplicar a sua capacidade para poder ir atendento
as solicitudes da veciñanza que precise este recurso de atención. Na actualidade, o Centro
atende 23 usuarios, dos cales 20 están a xornada completa, é dicir, en horario de 9.00h a
19.00 horas, e 3 están a media xornada,
Máis alá de prestar servizo propio como tal, o Centro de día tamén ten a cualificación,
outorgada pola Xunta de Galicia no ano 2021, de centro sanitario, algo que lle permite
prestar servizos de podoloxía, fisioterapia e terapia ocupacional. Ademais, o Centro conta
con servicios externos para completar a oferta de atención como pode ser o servizo de
peiteado así como a posibilidade de contar con transporte adaptado para o traslado dos
usuarios que o demanden.
Como queira que as prazas a xornada completa están xa adxudicadas na súa totalidade, esta
ampliación permitiranos admitir máis usuarios a xornada completa, atendendo a demanda
que vaia xurdindo entre a poboación. O Concello xa está traballando nos requisitos que se
esixen para poder facer efectiva esta ampliación, requisitos, en todo caso, de tipo formal, xa
que o Centro xa dispoñía de espazo e servizos para albergar este número de usuarios. Dende
a súa creación, este foi un servizo que se implantou coa idea de ir crecendo se a demanda
por parte das familias e usuarios así o demandaba.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.