A vixésima edición do Trofeo SondoDance fai brillar o talento Estradense



O Trofeo SondoDance Concello de Baile Deportivo da Estrada, organizado pola escola de baile do mesmo nome, celebrou esta fin de semana a súa vixésima edición, na que reuniu a uns 250 deportistas para competir polo podio en tres modalidades: Baile Deportivo, Baile Coreográfico e Danzas caribeñas. Desde a organización, Carlos Romero di estar moi satisfeito coa participación, tanto por parte dos concursantes como do público, que na mañá deste domingo encheron os bancos do pavillón Coto Ferreiro. En Open Latino Junior, o primeiro posto foi unha vez máis para Manuel Matalobos Buján e Noa Romero Barcala. Do mesmo xeito, en CBD SondoDance a segunda posición foi para Enzo Mogo Figueiras - Aroa Nercelllas Ryubal. Mentres que o terceiro posto foi para a aula Aiden Villar Gens e Nercellas Ruibal. En Individual Latino Xuvenil I Segunda Territorial Triana Mogo Figueiras acadou a cuarta posición e, finalmente, en Open Standard Junior o ouro foi para Manuel Barreiro Sabarís e Alba Falcón Penin. Finalmente, en Pasos Baile Galicia, a prata foi para Manuel Matalobos e Noa Romero, o bronce para Enzo Mogo e Aroa Nercellas e o cuarto posto para Aiden Villar e Paula Nercellas.
GALERÍA:

 

 
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.