O día 5 de agosto, saíron publicadas no BOP da Provincia de Pontevedra as bases reguladoras da
convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2024/2025.
Estas axudas están dirixidas a familias en situación de dificultades socioeconómicas contémplanse como
unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e
finalista.
A finalidade da convocatoria de axudas de apoio á escolarización é establecer un réxime compensatorio de
carácter xeral destinado a colectivos con carencias de carácter socioeconómico, para potenciar as
condicións de igualdade no acceso ao ensino financiado con fondos públicos, e ós seus servizos, a
tódalas/os nenas/os empadroados no termo municipal da Estrada, evitando desigualdades derivadas da
situación económica e/ou social, e apoiando ás familias en situación de desvantaxe social e con menor
poder adquisitivo, así como promover a conciliación da vida familiar e laboral, evitar situacións de risco,
asegurar unha nutrición axeitada e facilitar o rendemento escolar.
Adquisición de libros e material escolar: está dirixida a nenos/nenas matriculados/as no segundo ciclo
de educación infantil, ata un máximo de 100 euros neno/a.
Servizo de comedor: está dirixido a nenos/as do segundo ciclo de educación infantil, primaria e
secundaria obrigatoria, esta subvención poderá ser como nímino do 30% do gasto de comedor ata o 100%
do gasto según circustancias de cada unidade familiar.
O prazo para a súa presentación estará aberto dende o día 06/08/2023 ata o 03/09/23 (ambos incluídos)
As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de A Estrada
(https://aestrada.sedeelectronica.gal) ou a través do Rexistro de Entrada do Concello en horario de
atención ao público (de 09:00 a 14:00 horas).
Axudas municipais de apoio á escolarización para o curso2024/2025
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.