O Lúns demos un gran paso no deporte local coa inauguración das novas pistas de atletismo, unha infraestrutura que será un referente non só para A Estrada, senón para toda Galicia.
Adrián Ben, campión de Europa e finalista olímpico, eloxiou estas instalacións, destacando que «sodes moi afortunados de ter estas pistas, algo do que moitos non puidemos gozar nos nosos inicios».
O alcalde Gonzalo Louzao subliñou a importancia desta obra para a nosa comunidade, resultado do esforzo conxunto de varias administracións e dos clubs de atletismo locais, como o Atletismo A Estrada e o CAI.
A partir do luns, estas pistas estarán dispoñibles para os nosos deportistas e veciños. Con estas instalacións, A Estrada reafírmase como a capital galega do deporte! 
#AEstrada #Atletismo #Deporte #InstalaciónsDeportivas #CapitalDoDeporte A Estrada Deporte
GALERÍA:









































































