O Teatro Principal estradense acollerá o vindeiro 27 de decembro o
espectáculo ‘Nós tamén corremos a San Silvestre’, protagonizado por Sali
das Lerchas e o Padre Xiao, e no que actuará un cuarteto de músicos do
Obradoiro Municipal de Música Carlos Barruso. Con esta actuación cómica,
que comezará ás 20.30 horas e para a cal xa se poden retirar as entradas
no departamento de Cultura do Consistorio estradense, o Goberno
municipal completa a extensa programación cultural do mes de decembro.







































