700 persoas asisten ao tradicional Pincho de Nadal do PP da Estrada

Uns 700 militantes e simpatizantes do PP da Estrada asistiron onte á noite no restaurante Samaná da vila ao tradicional Pincho de Nadal, que nesta edición foi o máis concorrido da historia destas celebracións.
O encontro contou coa presenza do alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao; o presidente do PP local e conselleiro de Cultura, José López; a secretaria xeral do PP Provincial e tenente de alcalde de Moraña, Luisa Piñeiro; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o secretario xeral do PP estradense, Juan Constenla; a voceira municipal do PP de Cuntis, Isabel Couselo; o ex conselleiro Jesús Palmou; e os 12 concelleiros populares do municipio.
Na quenda de intervencións, Gonzalo Louzao agradeceu o enorme apoio da militancia e animounos a continuar traballando «para seguir desenvolvendo o proxecto de transformación e modernización do concello que temos en marcha desde o ano 2011 e que permite que A Estrada disfrute do mellor momento da súa historia», mentres que José López aplaudíu a «transición modélica» do PP local «para seguir atendendo do mellor xeito, cos mellores servizos e as mellores infraestruturas aos estradenses». Ademais, ambos puxeron en valor a construción da autovía a Santiago, «que vemos como avanza cada día cara A Estrada» e sobre a que a Xunta segue a cumprir cos seus compromisos coa recente aprobación do proxecto do último treito ata O Rollo.
Pola súa banda, Luisa Piñeiro puxo ao PP estradense como «un gran exemplo» en toda a provincia polos seus grandes resultados electorais e pola «valía, capacidade de traballo e nivel de xestión» do seu equipo para dirixir o Concello.
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.