Concienciar para previr as drogadiccións

O BNG pide campañas de sensibilización sobre as consecuencias das drogas, especialmente entre as capas máis novas da nosa veciñanza

Unha das cuestións que está a preocupar aos veciños e veciñas da vila nos últimos días é a aparición de xeringas en diversas rúas, supostamente utilizadas por persoas drogodependentes, o BNG explica a través do seu portavoz municipal, Xoán Reices, que «alén de que o concello realice unha recollida tendo en conta todas as precaucións sanitarias para os traballadores e traballadoras que realizan esta tarefa, pensamos que o goberno municipal do PP debería realizar campañas de concienciación sobre os perigos e os problemas da droga entre as capas novas da nosa veciñanza».

O concelleiro nacionalista indica que «moita xente pensa que con máis vixilancia vaise terminar haberá menos xeringas nas rúas, e si, seguramente será así, mais iso non vai por fin ao grave problema que supón a droga na nosa sociedade». «Por iso», engade, «pensamos que o goberno municipal do PP debería desenvolver campañas de concienciación social sobre as consecuencias sanitarias, mentais e económicas de esta lacra, especialmente entre os mozos e mozas en colexios e institutos do noso concello».

«Hai uns anos era habitual atopar anuncios publicitarios sobre as consecuencia da drogadición; as campañas desapareceron, non así a droga das rúas por iso temos que concienciar para previr», afirma Xoán Reices.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.