A ESTRADA, SEDE O SÁBADO DO CAMPIONATO GALEGO DEBÁDMINTON, CON 70 DEPORTISTAS NAS PISTAS DO COTO FERREIRO

 A proba autonómica dispútase na categoría absoluta, con competición
entre as 09.00 e as 20.00 horas no pavillón municipal.
 Como opcións estradenses figuran Iziar Barcala, Raquel Miguéns,
Rubén Comeron, Alejandro Penas e Pedro Brey.

– A Estrada converterase esta fin de semana en sede
para a unha nova edición, a número 46, do Campionato Galego Absoluto de Bádminton.
O Concello, en calidade de anfitrión desta proba, porá este sábado a disposición da
mesma as instalacións do Pavillón Coto Ferreiro.
Segundo os datos facilitados pola organización, nas pistas estradenses daranse cita 70
deportistas procedentes de clubs de toda Galicia, que comenzarán a competir ás 09.00
da mañá. Entre eles figurarán varios representantes do Club Bádminton A Estrada. Entre
as opcións estradenses figuran Iziar Barcala, Raquel Miguéns, Rubén Comeron,
Alejandro Penas e Pedro Brey.
Os afeccionados ao bádminton poderán desfrutar como espectadores desta
competición durante toda a xornada. O campionato galego desenvolverase sobre a pista
estradense ao longo de todo o día, estimándose que os convocados manteñan vibrante
o campionato galego ata as 20.00 horas.
O bádminton vive na Estrada unha boa tempada. O club local anunciou a comezos deste
ano de xeito oficial o seu regreso á Liga Nacional de clubs, poñendo punto e final a un
longo período centrado de maneira exclusiva nas competicións individuais. Deste xeito,
o club compite esta tempada na Segunda Nacional, organizada polas federacións Galega
e Asturiana, co obxectivo de lograr unha praza na fase de ascenso á Primeira Nacional de
Bronce. Este proxecto avanza en combinación co seu compromiso coas competicións
individuais. A desta fin de semana reforzará esta aposta.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.