A inscrición quedará aberta este venres, manténdose ata o 19 de xuño.
Preludio das festas patronais de San Paio, os participantes percorrerán
de noite un circuíto urbano de 4 quilómetros, con dúas voltas para a
categoría absoluta.
– O Concello da Estrada, en colaboración con Atletismo A
Estrada, ten xa moi avanzada a organización dunha nova edición -a duodécima- da
carreira popular Estranoite, tamén coñecida como a Nocturna Estradense. O evento
marca, tradicionalmente, o inicio das festas patronais de San Paio, enchendo as rúas do
casco urbano de animación.
Como o seu propio nome indica, a proba desenvólvese de noite, conferíndolle un
atractivo maior a esta saudable práctica deportiva, por un circuíto completamente
urbano de asfalto. O percorrido é de 4 quilómetros, se ben a proba absoluta completará
unha distancia de 8, tendo os participantes que dar dúas voltas ao mesmo.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuítos pechados e
valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización
contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no
control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
O departamento municipal de Deportes abrirá as inscricións para a Nocturna dende
mañá venres, 23 de maio, manténdoa ata o mércores día 19 de xuño. Pecharase ás 23:59
horas. A única forma de inscribirse é a través da web http://www.emesports.es (única
forma de inscrición).







































