O FESTIVAL DOS ARRIEIRIÑOS TERÁ ZONA DE MERENDA E INCORPORAAO MAGO TETO COMO MESTRE DE CERIMONIAS

 

A Estrada está preparada para vivir unha fin de semana
marcadamente musical e con propostas pensadas para todos os públicos. Sen ir máis
lonxe, o domingo o municipio estreará o primeiro festival pop-rock infantil de Galicia,
bautizado como Festival dos Arreiriños. A carpa de gran formato da Praza da
Constitución engalanouse xa hoxe con bandeirolas de cores para conferir ao espazo
unha maior ambientación. Ademais, dende o departamento de Cultura do Concello da
Estrada anunciáronse novidades para o evento, caso da incorporación do Mago Teto e
dunha zona de merendas para goce do público asistente.
O festival arrancará o domingo ás 17.45, co Mago Teto exercendo como mestre de
cerimonias. Despois da súa primeira actuación, dará paso a Pakolas (18.00) para o
primeiro concerto da tarde. Tras el chegará Uxía Lambona (19.00) e, finalmente, Broken
Peach (20.00). O mago terá intervencións entre os concertos programados.
O recinto do Festival dos Arrieiriños, que celebra a súa primeira edición pero nace con
vocación de continuidade, terá zona de merenda, na que quedarán instalados, entre
outro, un posto de filloas (Capitán Filloa), un xeadeiro e unha rosquilleira.
• Pakolas (18,00). É un dos compositores e cantantes infantís que máis entrada ten
nos centros escolares de Galicia. Os seus libros CD utilízanse como material
didáctico no ensino. Paco Cerdeira, músico, compositor e produtor que está
detrás de Pakolas, leva dedicándose ao público infantil dende fai máis de 20
anos.
• Uxía Lambona (19.00). Esta banda de música infantil recolle os clásicos
populares galegos dándollo o seu toque particular, dende A Carolina en versión
rap ata O Jato rockeiro, pasando por outros temas tradicións cheos de
dinamismo. Baile, xogos e coreografías para os nenos, todo combinando con
moitas sorpresas.

• Broken Peach (20.00). O seu estilo vai dende o soul ata o rock, pasando polo
funky, o pop e ata o gospel. Se os nenos van gozar da súa actuación, nais e pais
non quererán perdela. Os seus vídeos son todo un fenómeno nas redes sociais e
as versións dos grandes éxitos da música que fan acumulan millóns de
reproducións.
Antes de estrear este festival, A Estrada vivirá o sábado un Orballo Cultural, unha aposta
incluída no programa de concertos do Xacobeo que trae á Praza da Constitución, dende
as 20.00 horas, a Su Garrido Pombo e o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.