O GOBERNO DA LUZ VERDE AO INICIO DO EXPEDIENTE PARA LICITARUN PLAN DE MANTEMENTO QUE FARÁ ARRANXOS EN 189 VÍAS DE 47PARROQUIAS

– A Xunta de Goberno da Estrada deu luz verde na súa
sesión de hoxe a apertura do expediente para lanzar a licitación dun novo proxecto de
mantemento da rede viaria municipal que, cun investimento de 200.000 euros, se
enmarca no Plan +Provincia, financiado pola Deputación de Pontevedra. O proxecto
afecta a un total de 189 vías da rede municipal, que discorren por un total de 47
parroquias estradenses.
Dende o goberno estradense púxose hoxe o acento en que A Estrada conta cunha rede
viaria municipal asfaltada que supera os 1.000 quilómetros de lonxitude e que resulta
vertebradora e estratéxica para o desenvolvemento económico, social e territorial do
municipio. Neste senso, o alcalde estradense, Gonzalo Louzao, fixo fincapé en que o
mantemento da rede viaria en bo estado constitúe “unha actuación estratéxica para o
tecido empresarial e comercial do municipio”, tanto para o situado no rural como para o
asentado na zona urbana. “Debemos lembrar que A Estrada posúe o 50% da poboación
en núcleos rurais”, subliñou o rexedor.
Engadiu o alcalde que moitas destas vías urxen un arranxo profundo mediante a
reposición da totalidade do pavimento pero, no caso doutras, sería suficiente coa
realización de arranxos puntuais que permitan alongar a vida útil da vía. É neste ámbito
onde pretende incidir o programa que impulsa o goberno local da man da Deputación de
Pontevedra e que se vén sumar aos diferentes plans de asfaltados, algúns deles xa en
execución.

Polo tanto, o plan de mantemento, que o goberno pretende que comece a
materializarse aproveitando as condicións favorables dos meses de verán, consiste no
arranxo destas 189 vías municipais a través dunha actuación sobre aquelas zonas que se
atopan máis deterioradas, mediante varrido enérxico da zona, afirmado con pedra,
compactación e posterior rega asfáltica con árido fino e unha dotación de 2Kg/m2
de
emulsión bituminosa.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.