O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao Dono, quixo saír ao
paso das declaracións e acusacións vertidas polo PSOE local este mediodía no seu perfil
en redes sociais nas que, a xuízo do xefe do executivo estradense, busca facerse eco
dunha publicación “terxiversada e tendenciosa” para prexudicar a imaxe do mandatario
e do propio Concello.
O PSOE citou a publicación feita por un blog e un diario dixital no que se alude á visita do
alcalde estradense a uns viñedos no rural do municipio logo dunha recepción realizada,
no mes de abril, a un conselleiro da embaixada rusa en España. Esta recepción foi feita a
petición de empresarios que están realizando investimentos en terras estradenses e da
man doutro empresario local.
“Estas persoas hai tempo que levan facendo investimentos no Concello da Estrada.
Pediron unha recepción aquí e dende o Concello non se fixo ningún tipo de veto pola
nacionalidade das persoas que se achegan a esta institución”, explicou Louzao, que
engadiu que a visita viña a través dun empresario local. “Non se lle vimos ningún tipo de
problema a esa recepción, na que se incluíu a persoal da Garda Civil e da Policía Local”,
relatou o mandatario. Sinalou que nesa recepción, que foi publicada polos medios de
comunicación, foi convocado a visitar as plantacións de vides en 20 hectáreas de terreo,
principalmente concentradas nas parroquias de Paradela, Santeles e San Miguel de
Castro.
“Foi unha visita como moitas que facemos, convidados a instalacións de empresas que
queren que coñezamos, como representantes do Concello, o que fan e os avances que
teñen aquí”, argumentou Gonzalo Louzao.
O alcalde asegurou que en ningún momento se fixo inauguración algunha nesa
propiedade privada e que a súa presenza no viñedo non tivo máis obxecto que o de
responder á invitación de coñecer o investimento que se está realizando en terras
estradenses.
“Aquí hai un investimento a raíz da venta e explotación de 20 hectáreas de terreo e eu
como alcalde fixen unha visita para ver como se expandiron esas implantacións. Fago
moitas visitas como esta porque os empresarios queren que coñeza de primeira man os
impulsos que recibe o noso municipio, e neste caso foi unha plantación de vide”, incidiu.
ACLARACIÓNS DO ALCALDE SOBRE A PUBLICACIÓN REALIZADA POLOPSOE NAS SÚAS REDES SOCIAIS
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.







































