O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, presentaron este mediodía a programación cultural EstradaEscena, que se irá debullando para este outono.
Son unha trintena de propostas que se sucederán entre os meses de outubro e xaneiro, pensadas para público de todas as idades.
Teatro, música, danza e humor fían un programa que ve incrementando o investimento este ano, ao incorporarse máis fondos da Deputación de Pontevedra a través do +Provincia. Fronte aos 100.000 euros de 2024, no 2025 chégase aos 152.000.
Esta é unha programación que se sostén sobre tres eixos: a participación de agrupacións e artistas locais, a contratación de artistas foráneos de calidade e a presenza das mellores compañías e artistas galegos a través dos convenios subscritos coa Xunta de Galicia (a través da programación da Rede Autonómica de Teatros e Auditorios) e coa @deputacionpontevedra (a través do Plan +Provincia).
Yllana, Xosé Touriñán, Dayna Kurtz, Oswaldo Digón, Rhumorosas, Xacarandaina, homenaxe a Juan Pardo, Spasmo Teatro ou Matriohska Teatro son algúns dos nomes propios desta programación cultural, que xa se pode consultar na páxina web do Concello da Estrada.
PRESENTACIÓN DA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO NA ESTRADA
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.








































