Dous fundadores de RG AquaClima dan a coñecer a súa nova aventura empresarial na Estrada, tras coñecerse practicando deporte hai cerca dunha decada
En Balboa, Arnois (A Estrada), a nova empresa RG AquaClima acaba de iniciar a súa actividade publicamente, ofrecendo servizos profesionais de fontanaría, calefacción e climatización. A historia desta startup está marcada polo feito de que os seus fundadores, Juan Rey (conocido como Juanín) e Gonzalo Gómez, se coñeceron precisamente practicando deporte , hai cerca dunha decada, simboliza o espírito cercano e comprometido da empresa.
RG AquaClima presenta un equipo de profesionais con máis de dez años de experiencia no sector. A empresa promete un servizo serio, responsable e próximo, orientado tanto a particulares como a empresas, ofrecendo instalacións, mantementos e reparacións en toda a comarca da Estrada e arredores como Cuntis, Silleda, Lalín, Vedra, Teo, Santiago de Compostela, Vila de Cruces e Boqueixón.
Como parte da súa campaña de apertura, RG AquaClima puxo en marcha un sorteo dunha estufa de pellets Watt de 9 kW, en colaboración con Radio Estrada, dentro do magazine conducido por Pablo Chichas. O sorteo estará activo ata o 19 de decembro, e os oíntes poderán participar a través do programa de radio. Ademais, durante un período promocional determinado, todas as persoas que sigan a páxina de Facebook da empresa recibirán un número adicional para participar no sorteo, como recoñecemento polo apoio e para impulsar a súa presenza nas redes sociais.
Con esta iniciativa, RG AquaClima quere presentar oficialmente a veciñanza a súa aposta por servir coas mesmas marcas de confianza e profesionalidade que caracterizan aos seus fundadores, nun momento clave para o sector da calefacción ante a aproximación do inverno e a demanda de solucións eficientes e sostibles para o fogar.
Contacto:
RG AquaClima – Fontanaría, calefacción e climatización
Balboa, Arnois (A Estrada)
Teléfono: 623 366 096
Correo: info@rgaquaclima.com
En todas as informacións, a empresa enfatiza a súa presenza local e o compromiso de brindar servizos de calidade na comarca da Estrada e zonas próximas, axudando a familias e negocios a optimizar o confort e a eficiencia enerxética nos fogares.







































