A NOVA LIÑA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA EVENTOS DEPORTIVOSRESPALDA A TOTALIDADE DOS 15 PROXECTOS PRESENTADOS

 O departamento municipal de Deportes comenzou a remitir esta mesma
mañá as comunicacións aos clubs, que agora terán que aportar a
documentación xustificativa.
 Estas subvencións veñen engadirse aos 104.100 euros distribuídos este
ano polo Concello da Estrada entre 29 clubs e deportistas federados do
municipio.

O Concello da Estrada vén de aprobar a resolución
das subvencións a agrupacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro para a realización
de eventos, unha nova liña de axudas municipais que respaldará a totalidade dos 15
proxectos que foron presentados en tempo e forma. Algúns dos solicitantes presentaron
dous proxectos, o máximo que permitían as bases por cada un dos clubs.
O departamento municipal de Deportes comenzou a remitir esta mesma mañá as
comunicacións aos clubs, indicando en cada caso a achega concedida en virtude do
evento e en concordancia coas bases que rexen esta convocatoria. Dende a recepción
desta comunicación abrirase un prazo de 10 días hábiles para que procedan a aportar a
documentación xustificativa.
Esta nova convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva ideouse para
respaldar os eventos deportivos de carácter puntual desenvolvidos no Concello da
Estrada entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025 por entidades ou
asociacións deportivas legalmente constituídas, sen ánimo de lucro e que teñan unha
repercusión social, económica e turística, ademais de servir como escaparate e
promoción da actividade física entre a cidadanía estradense.
As entidades e eventos que obteñen fondos desta nova liña de subvencións son as que
seguen:
• Escola Estrada Fútbol Base: VIII Torneo Internacional Benxamín.
• Escola Estrada Fútbol Base: Torneo Prebenxamín.
• A Cambadela Loita: Xornada Loitas Olímpicas.
• Socade: XIV Raid Hípico Internacional do Salmón.
• Asociación Río Umia: IV Proba Cans de Rastro sobre Xabarín.
• Escudería San Paio: IV Rallymix da Sidra.
• CBD Sondodance: XXI Trofeo Sondodance de Baile Deportivo.
• Judo Club Base: Gala de Kyus Paso de Cinto.
• Judo Club Base: Torneo Judo Infantil.
• Estrada Fútbol Sala Feminino: VI Torneo de Verán.
• Sport Team Estrada: IV Triangular Concello da Estrada.
• Club de Tenis RC: IV Aberto de Tenis Martínez Otero.
• CNS A Estrada: Campionato Autonómico de Salvamento.
• Club Bádminton A Estrada: Campionato Galego Absoluto.
• Club RC A Estrada: Campionato Galego TT Gas.
Perséguense con esta nova liña específica para eventos deportivos a potenciación do
deporte, a promoción da práctica deportiva e apoiar as competicións deportivas
federadas de interese que as impulsen e eleven, asemade, o nivel competitivo das
distintas modalidades, ademais de servir como reclamo para o público afeccionado en
xeral.
Estas subvencións veñen engadirse aos 104.100 euros distribuídos este ano polo
Concello da Estrada entre 29 clubs e deportistas federados do municipio.
Gala do Deporte
Noutra orde de cousas, Deportes A Estrada puxo xa data para a agardada Gala do
Deporte. Será o luns 22 de decembro, a partires das 20.00 horas, no Teatro Principal. Os
integrantes do xurado reuniranse nos vindeiros días e comezan xa as gravacións da
actividade deportiva

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.