A Estrada prepárase para acoller ‘Aquí Tou!’,o monólogo máis persoal de Xosé A. Touriñán

  • O Teatro Principal da Estrada acollerá este venres 14 de novembro dúas funcións de ‘Aquí Tou!’, ás 20.30 e ás 23.00, ambas con todas as localidades esgotadas.
  • A xira de outono continúa nas próximas semanas percorrendo A Rúa, Vimianzo, Ribeira, Salceda de Caselas e Rianxo.  
  • As entradas para as seguintes funcións están dispoñibles a través da web do espectáculo: www.aquitou.gal

O espectáculo Aquí Tou!, de Xosé A. Touriñán, continúa esta fin de semana a súa xira de outono cunha dobre función na Estrada, despois do gran éxito vivido a semana pasada na estrea da xira en Ribadumia. As dúas sesións terán lugar no Teatro Principal, ás 20.30 e 23.00, teñen xa todas as entradas esgotadas, mostrando unha vez máis a conexión especial do humorista co público galego.

O monólogo, convertido nun auténtico fenómeno teatral desde a súa estrea, seguirá o seu percorrido por Galicia con novas paradas nas próximas semanas. Despois da Estrada, visitará A Rúa, Vimianzo, Ribeira, Salceda de Caselas e Rianxo. O espectáculo ven acumulando cheos en cada función, polo que en moitas destas localidades xa se abriron segundas funcións.

En Aquí Tou!, Touriñán percorre con humor e emoción os momentos máis significativos da súa vida, mesturando realidade e ficción, anécdotas persoais e cultura popular galega. O resultado é un espectáculo próximo, vital e cheo de complicidade, no que o público se recoñece e participa coa risa e coa emoción.

Tras máis de trinta e cinco funcións e milleiros de espectadores, Aquí Tou! consolídase como un dos grandes fenómenos teatrais galegos recentes, mantendo o espírito próximo e festivo que caracteriza o traballo de Xosé A. Touriñán.

Para as próximas funcións, as entradas pódense adquirir a través da web oficial do espectáculo, www.aquitou.gal.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.