Será entre o venres 5 de decembro, ás 22.00 horas, e as 22.00 do domingo
día 7.
Recoméndase á veciñanza adiantar ou pospoñer as xestións urxentes
fóra desa fin de semana, xa que non se poderá presentar escritos nin
realizar trámites electrónicos.
Trátase dun mantemento planificado pola empresa provedora.
O Concello de A Estrada informa de que a empresa
esPublico Tecnoloxía, responsable da Sede Electrónica e das aplicacións internas de
xestión municipal, realizará unha intervención técnica programada no seu centro de
datos entre o venres 5 de decembro, ás 22.00 horas, e o domingo 7 de decembro, ás
22.00. Durante ese tempo, a Sede Electrónica e outros servizos dixitais municipais
estarán temporalmente fóra de servizo, polo que non se poderán presentar escritos nin
realizar trámites electrónicos.
Deste xeito, recoméndase á veciñanza adiantar ou pospoñer as xestións urxentes fóra
desa fin de semana.
Segundo explicou hoxe o edil de Novas Tecnoloxías, Manuel Magariños, trátase dun
mantemento planificado pola empresa provedora, que afecta a todas as administracións
que empregan esta mesma plataforma, e que ten como obxectivo mellorar a velocidade,
a seguridade e a fiabilidade dos servizos dixitais.
A actuación inclúe a renovación completa dos equipos principais do Centro de
Procesamento de Datos, co fin de ofrecer un sistema máis moderno, estable e
preparado para os retos tecnolóxicos dos vindeiros anos.
Magariños puxo o acento en que, aínda que estes traballos poidan supoñer un pequeno
inconveniente puntual, como calquera labor de mellora, “repercutirán nun maior
beneficio para todos, permitindo contar con servizos dixitais máis rápidos, seguros e
eficaces”.
Dende o Concello agradécese a comprensión da veciñanza e lémbrase que esta
actuación forma parte do compromiso de continuar mellorando os servizos públicos
dixitais para facer máis sinxela e áxil a relación coa administración.
Sede Electrónica do Concello de A Estrada: https://aestrada.sedelectronica.gal







































