UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA A PÉ DE RÚA COMEZA ESTE SÁBADO AENTREGAR TARXETAS PARA O USO DOS CONTEDORES DE ORGÁNICA

 Unha carpa na Praza do Mercado ofrecerá aos cidadáns interesados o
kit de benvida como usuarios do quinto colector.
 Os contedores marróns empezan o luns a chegar á capital estradense,
primeiramente como proxecto piloto para os grandes produtores.
 Os cidadáns particulares poderán xa empregar, de xeito voluntario, estes
puntos de depósito.

Unha nova acción informativa permitirá mañá
sábado comezar a sumar cidadáns ao “voluntariado marrón” para a introdución do quinto
colector nas rúas da Estrada, un punto de depósito exclusivamente reservado para residuos
de carácter orgánico. A través desta acción a pé de rúa, que se desenvolverá na carpa da
campaña “Ti tes a Chave” localizada na Praza do Mercado, as persoas e empresas
interesadas poden darse de alta como usuarias dos contedores que empezarán a chegar o
luns á capital estradense e que precisan unha tarxeta para súa apertura.
Todos os veciños que se queiran sumar tan só deben achegarse á carpa (de 10.30 a 13.30
horas) para facilitar os seus datos de contacto e tramitar in situ a súa alta na campaña.
Nese instante recibirán tamén a correspondente tarxeta de apertura e un kit de benvida,
que consta dun cubo aireado, un pack de bolsas compostables e un folleto informativo.
Cómpre aclarar que a que arranca estes días é unha experiencia piloto, a xeito de
sondaxe da incorporación do quinto colector na capital estradense. Nesta fase inicial
chegarán unha decena de colectores, que serán emprazados en proximidades de
grandes e medianos produtores deste tipo de residuos. En todo caso, aqueles cidadáns
que queiran comezar a sumarse a empregar os colectores que pronto serán obrigatorios
poden xa facelo, acudindo a estes puntos de depósito.
Por outro lado, unha empresa especializada continuará visitando porta a porta a grandes
e medianos produtores de orgánica para realizar este trámite de alta na campaña e facer
entrega da tarxeta de apertura máis o kit de benvida.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.