A ESTRADA ACTUARÁ EN TRES CAMPOS DE FÚTBOL DA MAN DO PLANDE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN

 As obras no Manuel Regueiro arrancan en breve, logo da reunión
mantida coa adxudicataria, a firma Taboada y Ramos, para coordinar o
inicio dos traballos.
 O proxecto supón a substitución do peche actual e das gradas existentes,
así como a construción de aseos, xunto con outras melloras.
 A bancada desmontable será trasladada ao campo da Nogueira, en Vea.
 O novo PDI, con 390.000 euros, destinarase a renovar o tapete do Novo
Municipal e tamén o seu sistema de iluminación.

 As obras no Manuel Regueiro arrancan en breve, logo da reunión
mantida coa adxudicataria, a firma Taboada y Ramos, para coordinar o
inicio dos traballos.
 O proxecto supón a substitución do peche actual e das gradas existentes,
así como a construción de aseos, xunto con outras melloras.
 A bancada desmontable será trasladada ao campo da Nogueira, en Vea.
 O novo PDI, con 390.000 euros, destinarase a renovar o tapete do Novo
Municipal e tamén o seu sistema de iluminación.

O Plan de Infraestruturas Deportivas (PID) da
Deputación de Pontevedra, sumado a fondos como os do Plan +Provincia da institución
provincial, terá impacto, directo ou indirecto, nas instalacións de tres campos de fútbol do
Concello da Estrada. Así o indicou hoxe o alcalde estradense, Gonzalo Louzao Dono, ao
sinalar o inminente inicio da mellora programada no estadio Manuel Regueiro, as
intervencións previstas no Novo Municipal e, finalmente, a decisión de adaptar un bancada
desmontable no campo da Nogueira, en Vea.
O rexedor sinalou que as obras no Manuel Regueiro comezarán xa en breve. O proxecto
está licitado e vén de celebrarse unha reunión coa adxudicataria (a firma Taboada y
Ramos S.L) para coordinar realización dos traballos
O campo de fútbol Manuel Regueiro presenta na actualidade un muro de peche
deteriorado, unhas gradas desmontables de capacidade insuficiente e a dotación dun
único aseo para o público. Ademais, no recinto existen postes inutilizados da antiga
instalación de iluminación. Partindo desta situación, o proxecto que pasa agora a
materializarse supón a substitución do peche actual e das gradas existentes, así como a
construción de aseos, xunto con outras melloras.
Para a substitución do peche procederase á demolición do actual, composto por postes
metálicos e malla de arame. Construirase un novo con postes tubulares rectangulares e
chapa cega de aceiro, lacada alternando gris grafito e branco, cun deseño idéntico ao
empregando no Novo Municipal.
NOTA DE PRENSA
CONCELLO DA ESTRADA
GABINETE DE COMUNICACIÓN comunicacion@aestrada.gal
Ana Cela Neira 669 645 345
A actuación suporá tamén construír unha nova bancada de 42 metros de lonxitude, con
5 filas de gradas e cuberta de chapa sobre estrutura metálica. A nova instalación poderá
acoller, aproximadamente, a 350 persoas.
Ademais de construír novos aseos próximos á zona de acceso, o proxecto contempla
outra batería de melloras na fontanería, electricidade ou carpintería.
O alcalde puxo o acento en que este campo está “en pleno funcionamento todos os
días”, sendo a casa da Escola Estradense de Fútbol Base. “Cada día, de 16.00 a 23.00
horas, neste estadio hai activade deportiva”, sinalou, incidindo na importancia de
mellorar as súas condicións.
Foi neste contexto no que Gonzalo Louzao informou de que a grada desmontable que se
retirará do Manuel Regueiro foi solicitada para o campo de fútbol da Nogueira, en Vea.
Deste xeito, estas instalacións deportivas verán incorporada esta mellora,
beneficiándose de xeito indirecto do referido plan provincial.
Novo Municipal
Noutra orde de cousas, a concesión de novos fondos neste 2026 do Plan de
Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra permitirá ao Concello da
Estrada actuar no Novo Municipal. Será a través de súas vías: a substitución do tapete e a
mellora da iluminación.
O xefe do executivo local sinalou que a Deputación aprobou asignarlle ao Concello, no
marco deste plan, 390.000 euros e avanzou que pronto arrancarán os trámites para a
licitación dos traballos previstos.
No tocante ao tapete, Louzao Dono sinalou que, habitualmente, a vida útil destas
instalacións sitúase entre os “oito ou dez anos”. “Actualmente, o do Novo Municipal xa
non está comportándose de xeito axeitado á categoría. Ten un desgaste moi grande”,
recoñeceu. Sinalou que se substituirá completamente e se reforzará todo o sistema de
alumeado cunha nova instalación para que o estadio quede debidamente actualizado.

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.