O consistorio estradense acolleu esta mañá a presentación dunha nova acción de promoción turística que situará A Estrada no mapa turístico internacional: o FAM Trip “Os camiños por dentro”, que se celebrará do 19 ao 21 de maio neste municipio.
Un dato clave: participarán 16 touroperadores, que visitarán o noso territorio para coñecer de primeira man os recursos turísticos e convertelos en futuras experiencias para visitantes.
Durante tres días descubrirán:
A Ruta da Sidra e as sidrerías locais.
O patrimonio natural e cultural da contorna.
Tradicións únicas como a visita ao curro de Sabucedo e a Rapa das Bestas.
Espazos emblemáticos como o Pazo de Oca.
Un workshop con produtores e axentes turísticos da comarca.
Esta iniciativa, impulsada da man da @deputacionpontevedra, busca que profesionais do sector veñan, vexan e conten e, sobre todo, que vendan A Estrada como destino turístico.
No acto de presentación participaron a directora de Turismo da Deputación de Pontevedra, Romina Fernández, o alcalde estradense, @gonzalolouzaodono, o concelleiro de Turismo, Óscar Rancaño, o organizador do FAM Trip, Juan Rivadulla (@simplytravel.aestrada) e unha representación do sector sidreiro estradense.
#AEstrada #Turismo #Viaxes #aestradaturismo #turismoriasbaixas




































