A ESTRADA ACOLLERÁ DO 10 AO 13 DE SETEMBRO UNHA NOVAEDICIÓN DO FESTIVAL GASTRONÓMICO “THE BURGUER TOP”

 Contará coa participación de “food trucks” procedentes de distintos
puntos de país, cada unha delas para ofrecer tres receitas innovadoras
de hamburguesas gourmet.
 O evento celebrarase na Praza da Constitución.

A Praza da Constitución da Estrada acollerá a
vindeira semana unha nova edición (a segunda que se celebra no municipio) do festival
gastronómico The Burguer Top. Será entre o xoves 10 e o domingo 13, coa participación
de food trucks de distintos puntos do país.
O concelleiro estradense de Promoción Económica explicou hoxe que o Concello
autorizou a celebración deste festival na Praza da Constitución, confiando en que se
converta nun atractivo que axude á dinamización na recta final da tempada estival.
Indicou que The Burguer Top preséntase como unha celebración do sabor, a innovación
e a cultura street food, pensada para reunir a familias, amigos e amantes das
hamburguesas en xeral.
Segundo se detallou dende a organización, os horarios irán variando en función das
xornadas. O xoves poderán degustarse as hamburguesas entre as 20.00 e as 23.00 horas;
o venres e o sábado será de 20.00 ata a medianoite e o domingo o horario de
degustación será tamén matutino: de 13.00 a 16.00 e de 20.00 a 23.00.
Cada food truck participante (o número total concretarase nos próximos días) ofrecerá
tres variedades de hamburguesa gourmet. Terán que ter alternativas a prezos de 12 e
15 euros, deixando a elección da terceira a xuízo de cada restaurador.

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.