O departamento de Cultura do Concello da Estrada presenta a
actividade deseñada para os meses de outubro, novembro e decembro
neste escenario.
O ballet de “El lago de los cisnes”, o monólogo de Goyo Jiménez, o
festival de danza 6Coreógrafas ou o humor de Leti da Taberna serán
algunhas das propostas.
O público infantil volverá ter o seu espazo destacado, apostando para
eles polo teatro e os musicais.

A concelleira estradense de Cultura, Lucía Seoane,
presentou esta mañá a programación Estrada Escena Outono 2026, que se debullará nos
meses de outubro, novembro e decembro. A diversidade e calidade desta aposta
converterá ao Teatro Principal en epicentro cultural para esta nova tempada.
No apartado de DANZA, Seoane destacou a celebración dunha nova edición do Festival
de Danza Contemporánea 6 Coreógrafas, que se celebrará na Estrada o vindeiro 10 de
outubro. Neste eido, outra das xoias que atesoura a programación de outono deseñada
polo Concello é a actuación da International Ballet Company, coa peza El lago de los
cisnes, un clásico do repertorio internacional para o que se poden mercar as últimas
entradas na web www.tickets.oneboxtds.com. Trátase dun evento de gran formato que
terá lugar o 27 de novembro.
No apartado de MONÓLOGOS CÓMICOS salienta a presenza estelar de Goyo Jiménez o
10 de decembro, co espectáculo América Forever, para o que xa están á venda as
entradas tanto na páxina www.ataquilla.com coma no departamento de Cultura do
Concello. Nesta modalidade artística, tamén destaca a presenza do espectáculo
Enredada da popular influencer galega Leti da Taberna, que está fixado para o 6 de
novembro.
A concelleira de Cultura salientou entre os eventos TEATRAIS a presenza na
programación de outono da compañía madrileña Yllana, que levará a escena o día 13 de
novembro a comedia musical Madness, así como da compañía leonesa Spasmo Teatro,
que traerá ao Teatro Principal o 16 de outubro a comedia Galerías tonterías. Sinalar
tamén a peza multipremiada Bernarda, de Malasombra Teatro, que pechará a súa
exitosa andaina galega na Estrada o 20 de novembro.
Os máis pequenos da casa tamén terán o seu protagonismo na programación de outono
coa programación de Voo (Teatro ao Cubo) o 24 de outubro; Molto barroco da compañía
Píscore Teatro o 4 de decembro; a peza Castelao de Culturactiva Produción o 26 de
decembro e o musical Préstame tu Navidad da compañía madrileña La esfera mágica, o
2 de xaneiro.
“Todo isto complementado cos tradicionais concertos de Santa Cecilia e de Nadal e coas
achegas de distintas agrupacións e colectivos artísticos da comarca”, apuntou a titular
estradense de Cultura. Lucía Seoane destacou neste senso a celebración o 7 de
novembro do concerto 30º aniversario da Coral Polifónica Estradense e a homenaxe
musical que o cantautor Manoele de Felisa lle renderá a Otero Pedrayo o día 30 de
outubro.
A carteleira cultural para Estrada Escena Outono 2026 poderá consultarse íntegra na
app de Cultura (https://app.aestrada.gal/admin/login) e na web do Concello da Estrada.
A relación de eventos sería a seguinte:
OUTUBRO
• Sábado 3-Foise no vento, EMAE / 20.00h
• Xoves 8- Charla sobre Virxinia Pereira, con Henrique Monteagudo,
Montse Fajardo, Miguel Anxo Seixas, Carmen Méndez e Noni Araújo /
19.00h / Casa das Letras
• Sábado 10-Festival de Danza 6 Coreógrafas (Praza de Galicia e Teatro
Principal)
• Sábado 10-Certame coral de outono, Coral Polifónica Estradense e Coral
Martín Códax da Casa de Galicia de Córdoba / Igrexa parroquial / 20.00h
• Venres 16-Galerías Tonterías, Spasmo Teatro / 20.30h
• Venres 23-A voz de Virxinia, EMAE / 20.30h
• Sábado 24-Voo, Teatro ao Cubo / 12.30h
• Venres 30-De Felisa a Otero Pedrayo, Manoele de Felisa / 20.30h
NOVEMBRO
• Venres 6-Enredada, Leti da Taberna / 20.30h
• Sábado 7-Concerto XXX Aniversario Coral Polifónica Estradense / 20.30h
• Venres 13-Madness, Produciones Yllana / 20.30h
• Sábado 14-Festival Lume na Lareira / 19.00h
• Venres 20-Bernarda, Malasombra Producións / 20.30h
• Sábado 21-Concerto de Sta Cecilia, Banda Cultural da Estrada / 20.30h
• Venres 27-El lago de los cisnes, International Ballet Company / 20.00h
• Sábado 28-Concerto de Sta Cecilia, Banda Municipal da Estrada / 20.00h
DECEMBRO
• Venres 4-Molto barroco, Píscore / 20.30h
• Xoves 10-American Forever (The final refrito), Goyo Jiménez / 20.30h
• Xoves 17-Concerto da Escola da Banda Municipal da Estrada / 19.00h
• Venres 18-Concerto da Big Band e do coro Carlos Barruso / 20.30h
• Sábado 19-Concerto Fin de ano, Coral Polifónica Estradense, Coral
Polifónica de Soutomaior, Alejo Amoedo (piano) Carlos Méndez
(contrabaixo) / 20.30h
• Domingo 20- Certame de nadal de coros parroquiais / Igrexa parroquial /
17.30h
• Sábado 26- Castelao, Culturactiva Producións / 12.30h
XANEIRO
• Sábado 2- Préstame tu navidad, La Esfera Mágica / 18.00h




































