O Obradoiro de Emprego “A Estrada Emprega
Foresta” emprendeu esta semana unha completa intervención de mellora nas beirarrúas do
polígono industrial de Toedo, o maior parque empresarial do municipio estradense. Os
alumnos-traballadores dos dous módulos deste programa están implicados nunha obra que
terá continuidade pola contorna da central de Emerxencias A Estrada.
Os traballos que se están realizando combinan medios mecánicos e manuais. Ademais
dunha roza intensiva nesta zona, o Obradoiro está procedendo a unha limpeza manual para
extraer dende a raíz plantas arbustivas, empregando de seguido cepillos para eliminar toda
a terra que queda na superficie das beirarrúas. De igual xeito, o alumnado está facendo uso
de pantallas durante a limpeza mecánica para evitar que algún material que salte durante a
roza poida afectar a vehículos.
A actuación esténdese tamén ás rotondas do polígono. Unha vez completada a mellora, o
Obradoiro de Emprego ten programado actuar en toda contorna de Emerxencias A Estrada,
con labor de limpeza vexetal e roza.
O OBRADOIRO “A ESTRADA EMPREGA FORESTA” EXECUTA UNHAIMPORTANTE MELLORA NAS BEIRARRÚAS NO POLÍGONO DE TOEDO
Esta entrada fue publicada en Portada. Guarda el enlace permanente.




































