O parque infantil de Figueiroa entra en obras. A
empresa encargada de executar a ampliación deste espazo iniciará este venres a retirada
das estruturas actuais, de xeito que o Concello prevé que o recinto quede dende mañá
pechado ao público. Cando este acceso se recupere, as instalacións terán incrementado en
máis dun 50% a superficie destinada ao xogo.
O parque de Figueiroa é unha dotación encadrada nunha zona do casco urbano que gañou
moita poboación nos últimos anos e que ten un carácter estratéxico para o ocio dos máis
pequenos, na medida en que se trata dun espazo situado a carón do CEIP Figueiroa e moi
próximo á Escola Infantil Municipal.
A infraestrutura existente foise quedando pequena co paso dos anos e, con este proxecto,
o goberno local aposta pola súa ampliación, sempre dentro das posibilidades que ofrece o
solar no que se encadra. A iniciativa será sufragada a través dunha baixa do plan +Provincia
da Deputación de Pontevedra e suporá pasar dos 116 metros cadrados actuais de superficie
de xogo a achegarse aos 180 (176, concretamente).
O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, explicou hoxe que a mellora contempla
a ampliación da soleira actual, así como a completa substitución do pavimento existente. As
lousas cadradas de caucho que ten agora cambiaranse por un pavimento continuo.
Ademais, incorporarse novos elementos de xogo, conservando os que hai e que aínda teñen
vida útil.
Deste xeito, colocarase unha nova estrutura multixogo e un columpio de cesta, ademais de
renovar o mobiliario urbano actual para sumar novos bancos e papeleiras.
A pérgola existente na zona verde manterase para garantir a existencia de zonas de
esparexemento á sombra neste enclave, conservándose tamén o espazo reservado ao
xardín, para goce dos usuarios de maior idade destas instalacións. Con todo, as previsións
do Concello pasan por efectuar un labor de saneamento da zona axardinada .
Estímase que os traballos se desenvolverán por espazo aproximado dun mes. Durán asumiu