López trasládalle a Tourís a necesidade dun novo obradoiro para finalizar a Casa da Música

_MG_9241O pasado venres Cores Tourís visitou acompañado do alcalde as obras da futura Casa da Música onde López lle trasladou a necesidade dun novo obradoiro de emprego, o que sería o sexto consecutivo, para finalizar o acondicionamento das futuras dependencias do conservatorio.

Nesta primeira fase o obradoiro de emprego preparou varias aulas na primeira planta do edificio, nunha próxima fase, que dende o concello esperan poder realizar nos vindeiros 6 meses con outro obradoiro, proxectan arranxar a planta baixa onde ensaia a banda, as dependencias de protección civil despois do traslado do grupo ao Centro Comarcal e a praza, eliminando o peche que ten agora e acondicionándoa con elementos relacionados coa música.

[embedplusvideo height=»390″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1QokWue» standard=»http://www.youtube.com/v/VQcvDNPJUjk?fs=1″ vars=»ytid=VQcvDNPJUjk&width=640&height=390&start=&stop=&rs=w&hd=0&autoplay=0&react=1&chapters=&notes=» id=»ep9016″ /]

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Emprego e Formación, Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta